Amosando publicacións coa etiqueta #ficanacasa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #ficanacasa. Amosar todas as publicacións

sábado, 2 de maio de 2020

XOGAMOS UN POUCO...

....que non todo é traballar.

Xogando tamén se aprende!!! Exercitamos o razoamento lóxico, a orientación espacial, o cálculo, desenvolvemos as estratexias de resolución de problemas (porque problemas non son só os de matemáticas), adestramos un pouco máis a paciencia...

Estes están no blog da Biblio, pero déixovos aquí os enlaces para que pasedes directamente.

XOGOS INTERACTIVOS: aforcado, sopa de letras, relacionar títulos cos libros.

PASATEMPOS MATEMÁTICOS: aquí tedes unha chea deles: encricillados, problemas, triángulo máxico...

SUDOKUS

QUEBRACABEZAS: e podedes escoller o número de pezas e unha grna variedade de imaxes.


Pasádeo moi ben!!

xoves, 30 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA DANZA

En homenaxe a unha arte moi moi antiga...

Todos a bailar!!!                           Desfrutade desta ponte de Maio!!!


sábado, 4 de abril de 2020

NOVO RETO DO TRES EN RAIA

Xa non sabes a que xogar?

Pasaches todos os niveis do novo xogo da videoconsola?

Os xogos de mesa xa te aburren?

Pois vámoslle dar un pequeno cambio...

Xogar ao tres en raia...pero doutro xeito...

ANÍMASTE??? 

picade na imaxe e veres o vídeo



martes, 31 de marzo de 2020

PANDEMIA DE CONTOS

O Colectivo NOGA, Narración Oral Galega, ten una canle de youtube que se chama "Pandemia de contos".
Para esta época de corentena, o #ficanacasa #quédateencasa, pode ser máís levadeiro...ollade, por exemplo, ao lalinense Inacio Vilariño:


Ou tamén podemos disfrutar do teatro...da agrupación teatral Teatro Ghazafellos, temos Rubicundo