Amosando publicacións coa etiqueta plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plástica. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

ÁLBUME ILUSTRADO

Seguro que sabedes o que é un álbume ilustrado....noon??

O álbume ilustrado é o conxunto da imaxen e o relato literario; dalgunha maneira ambas manifestacións artísticas se complementan e interactúan entre sí.

Un libro ilustrado é unha historia contada con palabras, onde as imaxes tan só ilustran momentos puntuais de dita historia.


Mais, nun álbume ilustrado as imaxes secuenciais contan unha historia e o texto interactúa con esas imaxes de diferentes formas. A imaxe, os debuxos son osprotagonistas, os que contan a historia.

Póñovos algúns exemplos...





Teredes que ver o seguinte vídeo, que vai explicando como crear un álbume ilustrado:






A partires do que explicou, ide xuntando o material necesario, e con creatividade e orixinalidade, creade o voso álbume ilustrado.

  1. Pensade o tema do que queredes facer os debuxos. Nada de violencia.
  2. Facede bocetos dos debuxos antes de pasalos definitivamente ao álbume.
  3. Como cartóns para as tapas, podedes empregar o das caixas de cereais, por exemplo.
Enviade o traballo aos vosos titores. Tedes de prazo 1 semana.



luns, 23 de marzo de 2020

PAPIROFLEXIA

O origami é unha técnica que xa coñecedes; alá de Oriente, básase en pregar papel  para obter figuras xeitosas.

Para que desenvolvades as vosas destrezas manual, de psicomotricidade fina, de orientación espacial, matemática...practicade, practicade e, á volta, xa nos ensinaredes as figuras que conseguístedes facer.


Propostas:



  • Empregade papel de reutilizar, non desbotedes papel novo.
  • Podedes decorar a figura, unha vez rematada.
  • Inventade unha breve historia con eses elementos: imaxinade, escribídea e, incluso, grabádea (co móbil, tableta, etc.). 








Un exemplo de como combinar a papiroflexia e a narrativa (Salón "virtual" do Libro de Pontevedra):




mércores, 16 de maio de 2018

DIAPORAMAS

Vaia que ten un nome rariño.

Un diaporama supón colocar imaxes a diferentes distancias entre si formando unha escea que, en conxunto, pódese apreciar en diversos niveis.