O álbume ilustrado é o conxunto da imaxen e o relato literario; dalgunha maneira ambas manifestacións artísticas se complementan e interactúan entre sí.
Un libro ilustrado é unha historia contada con palabras, onde as imaxes tan só ilustran momentos puntuais de dita historia.
Mais, nun álbume ilustrado as
imaxes secuenciais contan unha historia e o texto interactúa con
esas imaxes de diferentes formas. A imaxe, os debuxos son osprotagonistas, os que contan a historia.
Póñovos algúns exemplos...
Teredes
que ver o seguinte vídeo, que vai explicando como crear un álbume ilustrado:
A partires do que explicou, ide xuntando o material
necesario, e con creatividade e orixinalidade, creade o voso álbume ilustrado.
- Pensade o tema do que queredes facer os debuxos. Nada de violencia.
- Facede bocetos dos debuxos antes de pasalos definitivamente ao álbume.
- Como cartóns para as tapas, podedes empregar o das caixas de cereais, por exemplo.
Enviade o traballo aos vosos titores. Tedes de prazo 1 semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas pola túa aportación!