Amosando publicacións coa etiqueta debuxo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta debuxo. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

ÁLBUME ILUSTRADO

Seguro que sabedes o que é un álbume ilustrado....noon??

O álbume ilustrado é o conxunto da imaxen e o relato literario; dalgunha maneira ambas manifestacións artísticas se complementan e interactúan entre sí.

Un libro ilustrado é unha historia contada con palabras, onde as imaxes tan só ilustran momentos puntuais de dita historia.


Mais, nun álbume ilustrado as imaxes secuenciais contan unha historia e o texto interactúa con esas imaxes de diferentes formas. A imaxe, os debuxos son osprotagonistas, os que contan a historia.

Póñovos algúns exemplos...





Teredes que ver o seguinte vídeo, que vai explicando como crear un álbume ilustrado:






A partires do que explicou, ide xuntando o material necesario, e con creatividade e orixinalidade, creade o voso álbume ilustrado.

  1. Pensade o tema do que queredes facer os debuxos. Nada de violencia.
  2. Facede bocetos dos debuxos antes de pasalos definitivamente ao álbume.
  3. Como cartóns para as tapas, podedes empregar o das caixas de cereais, por exemplo.
Enviade o traballo aos vosos titores. Tedes de prazo 1 semana.



domingo, 29 de marzo de 2020

LER OU ESCOITAR UN CONTO

Propoñemos un pouco de lectura...

Neste caso, un libro de Paty Mix. Podedes poñelo como audiolibro, é dicir, para escoitar mentres debuxas ou garabateas sobre o que vas escoitanto...algo así como unha secuenciación de debuxos segundo o que narra a historia.



Proposta:




  1. Procura estar nun sitio tranquilo para escoitar ou ler a historia.
  2. Reláxate e déixate levar polo que vas escoitando.
  3. Mentres avanza a narración, vai debuxando, garabateando e enlazando debuxos, trazos, símbolos, palabras soltas, etc., relacionados co que se conta (VISUAL THINKING).
  4. Este conto é moi especial...o seu final terás que complementalo ti: narra unha historia que o paxaro azul podería contarlle a Martina. Para unha boa narración debes ter en conta:
  • Facer unha introducción atractiva, para conseguir a atención do lector.
  • Manter coherencia no texto, orde na secuencia das accións, orde temporal (correcta utilización dos tempos verbais).
  • Incluír descricións: de lugares, personaxes, obxectos.
  • Pódese incluír tamén algún diálogo, ou non. Pero sempre ben indicada a intervención de cada personaxe mediante guións, comilliñas...
  • Crear certa intriga, que motive a seguir lendo.
Por tanto, a extensión do relato non debe ser menos dunha cara dun folio.

Moi recomendado...