Neste caso, un libro de Paty Mix. Podedes poñelo como audiolibro, é dicir, para escoitar mentres debuxas ou garabateas sobre o que vas escoitanto...algo así como unha secuenciación de debuxos segundo o que narra a historia.
Proposta:
- Procura estar nun sitio tranquilo para escoitar ou ler a historia.
- Reláxate e déixate levar polo que vas escoitando.
- Mentres avanza a narración, vai debuxando, garabateando e enlazando debuxos, trazos, símbolos, palabras soltas, etc., relacionados co que se conta (VISUAL THINKING).
- Este conto é moi especial...o seu final terás que complementalo ti: narra unha historia que o paxaro azul podería contarlle a Martina. Para unha boa narración debes ter en conta:
- Facer unha introducción atractiva, para conseguir a atención do lector.
- Manter coherencia no texto, orde na secuencia das accións, orde temporal (correcta utilización dos tempos verbais).
- Incluír descricións: de lugares, personaxes, obxectos.
- Pódese incluír tamén algún diálogo, ou non. Pero sempre ben indicada a intervención de cada personaxe mediante guións, comilliñas...
- Crear certa intriga, que motive a seguir lendo.
Moi recomendado...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas pola túa aportación!