Amosando publicacións coa etiqueta normas de uso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta normas de uso. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de marzo de 2020

NORMAS DE USO E ABUSO DO BLOG

Este blog será o noso medio de comunicación pedagóxico e académico mentres dure o confinamento.

O funcionamento será o seguinte:

  • Todos os luns publicarase unha entrada con traballo curricular, é dicir, meramente académico: fichas de repaso e reforzo de cada asignatura, que se pode ampliar ao longo da semana; entón, procurade botar unha ollada de vez en cando.
  • Entre as actividades vanse distinguir dous grupos, 6º A, B e C, e 6ºD. Por que? Pois porque no grupo de 6ºD non se empregan libros de texto para as áreas de LC, LG e Matemáticas. Este grupo ten traballo específico da súa titora. Cada alumna e alumno atenderá ao apartado que lle corresponda.
  • Tamén, cada día publícase unha entrada, ou dúas, cunha actividade ou tarefa que pode estar relacionada con calquera asignatura ou con varias ao mesmo tempo, pero sempre cun enfoque máis ameno e motivador. Por exemplo, "El misterio de las 7 puertas" ou o vídeo sobre o Muro de Berlín. Nestas actividades pode e debe participar todo o alumnado. Faran nelas ao longo da semana, con calma.
  • Nalgunhas das entradas veredes que vai incrustado o debuxo dun lapis:

isto quere dicir que SÓ O ALUMNADO DE 6ºD ten que entregar este traballo para correxir polo medio que xa teñen asignado, na semana que corresponde. Mais o resto dos alumnos e alumnas poden facelo, sen problema.


  • Ao final de cada entrada tedes a posibilidade de engadir algún comentario. Veredes que nalgunha actividade se vos pide facelo. Para iso, tedes que ter un enderezo electrónico para poder escribir. Debedes identificarvos para saber quen comenta, e recibiredes resposta en canto poida.
Espero que todas e todos vos atopedes ben de saúde, quizáis un pouco aburridos pero intentade buscar algo que vos alente cada día...cando vos deades conta, volveredes á vosa rutina.