O funcionamento será o seguinte:
- Todos os luns publicarase unha entrada con traballo curricular, é dicir, meramente académico: fichas de repaso e reforzo de cada asignatura, que se pode ampliar ao longo da semana; entón, procurade botar unha ollada de vez en cando.
- Entre as actividades vanse distinguir dous grupos, 6º A, B e C, e 6ºD. Por que? Pois porque no grupo de 6ºD non se empregan libros de texto para as áreas de LC, LG e Matemáticas. Este grupo ten traballo específico da súa titora. Cada alumna e alumno atenderá ao apartado que lle corresponda.
- Tamén, cada día publícase unha entrada, ou dúas, cunha actividade ou tarefa que pode estar relacionada con calquera asignatura ou con varias ao mesmo tempo, pero sempre cun enfoque máis ameno e motivador. Por exemplo, "El misterio de las 7 puertas" ou o vídeo sobre o Muro de Berlín. Nestas actividades pode e debe participar todo o alumnado. Faran nelas ao longo da semana, con calma.
- Nalgunhas das entradas veredes que vai incrustado o debuxo dun lapis:
isto quere dicir que SÓ O ALUMNADO DE 6ºD ten que entregar este traballo para correxir polo medio que xa teñen asignado, na semana que corresponde. Mais o resto dos alumnos e alumnas poden facelo, sen problema.
- Ao final de cada entrada tedes a posibilidade de engadir algún comentario. Veredes que nalgunha actividade se vos pide facelo. Para iso, tedes que ter un enderezo electrónico para poder escribir. Debedes identificarvos para saber quen comenta, e recibiredes resposta en canto poida.
Espero que todas e todos vos atopedes ben de saúde, quizáis un pouco aburridos pero intentade buscar algo que vos alente cada día...cando vos deades conta, volveredes á vosa rutina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas pola túa aportación!