luns, 23 de marzo de 2020

PAPIROFLEXIA

O origami é unha técnica que xa coñecedes; alá de Oriente, básase en pregar papel  para obter figuras xeitosas.

Para que desenvolvades as vosas destrezas manual, de psicomotricidade fina, de orientación espacial, matemática...practicade, practicade e, á volta, xa nos ensinaredes as figuras que conseguístedes facer.


Propostas:



  • Empregade papel de reutilizar, non desbotedes papel novo.
  • Podedes decorar a figura, unha vez rematada.
  • Inventade unha breve historia con eses elementos: imaxinade, escribídea e, incluso, grabádea (co móbil, tableta, etc.). 








Un exemplo de como combinar a papiroflexia e a narrativa (Salón "virtual" do Libro de Pontevedra):




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!