Amosando publicacións coa etiqueta narración oral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta narración oral. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de xuño de 2020

NOVAS HISTORIAS A PARTIRES DE TÍTULOS

De que vai isto?

Nunca vístedes a alguén contar unha historia, breve, empregando para iso só os títulos de varios libros?

Ollade estes exemplos:





Pois agora sodes vós os que tedes que tirar de inxenio:


PROPOSTA:


Buscade os libros que tedes pola casa e comezade a unir os seus títulos ata obter unha historia. Se vos fixástedes, son narracións con pouco sentido, queren contar algo pero non seguen unha liña concreta.

Espero as vosas creacións, xa sabedes onde as tedes que enviar os de 6ºD. Pero tamén me gustaría coñecer as propostas do alumnado dos outros grupos de 6º, xa sabedes que son moi curiosa e gústame aprender de todos. Así que 6ºA, B e C podedes enviarme os vosos traballos a

      coleactividades@gmail.com             

 indicando NOME, CURSO E O TÍTULO DA VOSA HISTORIA

Para iso, grabades co móbil e enviades o vídeo.

En canto teña unhas cantas, publicareinas neste blog.

Ánimo!!!

martes, 31 de marzo de 2020

PANDEMIA DE CONTOS

O Colectivo NOGA, Narración Oral Galega, ten una canle de youtube que se chama "Pandemia de contos".
Para esta época de corentena, o #ficanacasa #quédateencasa, pode ser máís levadeiro...ollade, por exemplo, ao lalinense Inacio Vilariño:


Ou tamén podemos disfrutar do teatro...da agrupación teatral Teatro Ghazafellos, temos Rubicundo