mércores, 14 de xuño de 2023

COAS MANS TAMÉN NARRAMOS

 Desta volta tivemos un reto: facer un vídeo onde só se vexan as nosas mans e empregando de maneira esquemática a información para explicar o tema de "Organización territorial e política de España e Galicia".

Este foi o resultado...nin tan mal...


Grupo 1: A Constitución

 


Grupo 2: Organización Territorial de España

 


Grupo 3: Organización Política de España

 


Grupo 4: Organización Territorial de Galicia

 


Grupo 5: Organización Política de Galicia



Grupo 6: Diversidade Lingüística e Cultural

mércores, 28 de setembro de 2022

SERES VIVOS: SOPA DE LETRAS

 Para repasar o que andamos a aprender, que mellor que unha sopa de letras co vocabulario máis destacado.


Adiante!!


 

Ordea as letras

venres, 23 de setembro de 2022

SOBRE A IDADE MEDIA

 É que a historia sempre ten moitas historias que contar!!!... E nós queremos coñecelas.

Ímoslle dar unha voltiña á Idade Media....pero, de que nos lembramos? Que peroeiros había daquelas? Que construccións tiñan? 

Vemos primeiro algúns vídeos e despois reflexionamos en grupo.

Outro, un pouco máis longo pero con moitos datos...



Máis curtiño...

E con figuras de play mobil...
 

 Agora pasamos a recopilar e lembrar.

sobre a idade media de Belén Mariño


martes, 20 de setembro de 2022

CONTO AVENTUREIRO

Comezamos curso e imos poñer a nosa imaxinación a funcionar.

Despois de presentarvos varias situacións estrañas, tedes que traballar en grupo cooperativo para crear un conto.

Situacións:

        
     Espertar 500 anos atrás                     Atopar unha pantasma          Herdar un mapa dun tesouro



   Poder falar cos animais               Facerte invisible             Atópaste cin tigre nunha excursión

    Internet desaparece

Proceso:

  • Escollede 4 destas situacións.
  • Respectar quendas:
    • 1 escribe
    • 2 aporta unha oración/parágrafo.
    • 3 completa esa oración/parágrafo.
    • 4 repite para comprender e confirmar.
    • Volvedes comenzar, rotando postos, xirando cara a dereita.
  • Iredes elaborando un borrador da historia.



martes, 15 de xuño de 2021

DESPEDIDA DO CURSO 20-21

 Ímonos despedir deste curso tan particular e estraño e pensar no ben que o imos pasar nas vacacións...

Unha aperta para todos e a desfrutar!!!

https://flipgrid.com/96bf420e

Join Code: 96bf420e



domingo, 7 de marzo de 2021

CONTANDO HISTORIAS CON DADOS

Para practicar a creación de contos é preciso ter en conta varios aspectos, pero sobre todo 3:

* Personaxes
* Espacio
* Tempo

E despois a estrutura dun conto:
 
* Introdución
* Nó
* Desenlace

Para axudar no proceso de creación, ides empregar uns dados, como os de Story Cubes.

A pola vosa historia!!


sábado, 20 de febreiro de 2021

IRMANDADES DA FALA E GRUPO NÓS

En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala. O seu obxectivo é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. 


Na poesía no inicio do século XX non supuxo un cambio no panorama literario galego senón que continuaron as liñas iniciadas no Rexurdimento. O primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños é Antonio Noriega Varela, o máis destacado representante dunha xeración de transición: por unha parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa. 
Escribiu unha soa obra ampliada durante toda a súa vida: en 1904 o título é Montañesas; desde 1920, denominarase Do ermo.

Pero o poeta máis destacado da época é Ramón Cabanillas (1876-1959): O Poeta da Raza. Recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros introducindo elementos renovadores modernistas.  

_________________________________________________________________________________

          __________________________________________________________________

O REXURDIMENTO EN GALICIA

Na segunda metade do século XIX xurde un movemento en defensa da lingua e cultura galegas que se coñece co nome de Rexurdimento. Para levar a cabo a súa labor os membros do Rexurdimento publicaron gramáticas e dicionarios da lingua galega, estudos sobre a historia de Galicia e crearon xornais e editoras. Nesta labor ten un papel fundamental de dinamización da lingua galega a literatura, sobre todo o cultivo da poesia.

Dentro do Rexurdimento pódense diferenciar dúas etapas: 

* Precursores do Rexurdimento (1838-1863). Unha serie de poetas comezan a empregar o galego como lingua literaria nas súas obras, entre eles destaca como gran precursor Xoán Manuel Pintos.


* Rexurdimento pleno (1863-1888). A publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro supón a consolidación do movemento. Esta autora, Eduardo Pondal e Curros Enríquez son as tres figuras fundamentais da literatura do século XIX. 

__________________________________________________________________________________

            ___________________________________________________________________

 

A raíz da invasión francesa (1809) e dos enfrontamentos entre absolutistas e liberais, xorden os primeiros textos escritos en galego, impresos en follas soltas ou en xornais, con fins propagandísticas. Uns chaman o campesiñado á defensa do país, e outros defenden as ideas liberais.

Ó longo do século, trala caída do absolutismo e o inicio da monarquía constitucional, nacen diversos movementos galeguistas baseados na defensa da singularidade e da personalidade diferenciada de Galicia.

"A gaita gallega" (1853), de Xoán Manuel Pintos, constitúe o primeiro libro da literatura galega contemporánea.

En 1861 celébranse na Coruña os primeiros Xogos Frorais. As composicións premiadas, xunto con mostras da poesía contemporánea, recóllense un ano máis tarde no "Álbum de la Caridad", primeira antoloxía do Rexurdimento galego.

Rosalía de Castro

A publicación en 1863 de Cantares gallegos, primeira obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento pleno. Ó longo desta etapa publícanse na nosa língua tanto poesía como prosa, aínda que o ano máis fructífero para a literatura galega foi sen dúbida 1880. Nesta data saen á luz composicións dos autores de máis sona do momento: "Follas novas" de Rosalía de Castro, "Aires da miña terra" de Curros Enríquez, e "Saudades gallegas" de Lamas Carvajal. Seis anos despois aparece "Queixumes dos pinos" de Eduardo Pondal.

Os lindes da nosa literatura vanse ampliando de vagar desde a lírica ata a narrativa, o ensaio e a prosa didáctica.

José Fontenla Real

A consolidación da prosa galega non se produce ata o século XX, mais a finais do XIX hai xa precedentes salientables, como "Maxina ou a filla espúrea", (1880) de Marcial Valladares, primeira novela galega contemporánea. Obra de grande sona entre as clases populares foi "O catecismo do labrego" de Lamas Carvajal, obra de crítica social en clave de humor, que coñeceu trece edicións en vida do autor. Tal vez o mellor prosista da época foi Antonio López Ferreiro, autor de tres importantes novelas: "A tecedoira de Bonaval", "O Castelo de Pambre" e "O niño de Pombas".

O xénero teatral foi o menos cultivado.

A presencia da língua galega nos xornais contribúe grandemente a prestixialo idioma. No ano 1876 edítase, promovido por Valentín Lamas Carvajal, o pioneiro dos xornais integramente en galego, "O tio Marcos da Portela".

Os autores do Rexurdimento descoñecen a existencia da rica tradición lírica medieval galega. Escriben co convencemento de que son os iniciadores do cultivo literario do idioma. Carecen, polo tanto, dunha normativa idiomática o que os obriga a partir dos usos orais.

Manuel Martínez Murquía

 Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas e diccionarios da língua galega, esenciais para a súa normalización: "Compendio de gramática gallega-castellana", de Francisco Mirás (1864); e "Gramática Gallega", de Saco e Arce, o primeiro estuDio serio do idioma galego.

Unha das últimas manifestacións do Rexurdimento, xa no século XX, foi a constitución da Real Academia Galega (1905).

 Chegada a fin do século XIX constátase unha recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico; asemade faise patente un descenso no nivel de uso oral. A língua galega non vive aínda uNha situación normalizada e iso provoca un retroceso en medios sociais (clases altas e medias) e en ámbitos xeográficos concretos (urbanos).

PRACTICA


Información extraida de Abalar da web da Xunta de Galicia e do blog Día das Letras Galegas

ROSALÍA DE CASTRO

 O vindeiro 24 de febreiro conmemoramos a Rosalía. Déixovos un encrucillado para lembrar algo da súa biografía.