xoves, 11 de xaneiro de 2018

TAUMATROPO: XOGO DE IMAXES

Taumatropo? Un nome algo estraño pero nós xa descubrimos que é.


Un taumatropo é un xogo óptico no que dúas imaxes diferentes situadas a ambolos dous lados dun círculo, semellan xuntarse cando se xira rápido.
No ano 1824, John Ayrton presentou o taumatropo para demostrar o principio da persistencia retiniana.

Atopamos varios modelos para facer os nosos taumatropos, pero tamén inventamos algúns.

 
     



Como xogamos con el? Pois facémolo xirar cunha cordiña pasada polo medio ou cunhas gomiñas nos extremos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!