As palabras non sempre son suficientes para expresar as ideas, que mellor que as imaxes para reforzar o que se quere comunicar.
Achegámonos ao Concello para coñecer e comprender coa exposición "Rompe. Xoga en igualdade", poesía visual por todos os frentes. Nela transmítese o rexeitamento a unha cultura pouco respectuosa que considera e trata á muller dun xeito nada tolerante, da necesidade de romper coa violencia machista.
Coa boneca Barbie como protagonista, caracterizada en cada unha das distintas situacións nas que a muller perde a súa dignidade.
Reivindica a igualdade entre homes e mulleres para todo e en todos os ámbitos sociais, culturais, profesionais e familiares con 18 situacións que aínda acontecen no século XXI.
#barbifloreiro #barbiprincesa #barbinenacasadaáforza #barbiclub
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas pola túa aportación!