MURO DO 24
A descomposición da lugar a todos estes divisores (o alumnado faino coas regletas). Pro teñen que apreciar que temos o múltiplo de todos eles, o 24, e os divisores do mesmo, 3, 8, 4, 2, 12, 6.
E como divisores e múltiplo que son, as posibles operacións deste muro son:
8x3 6x4 12x2
24:3 24:6 24:12
24:8 24:4 24:2
A partires disto, inventamos problemas, pois sen contextualizar non se entenden as matemáticas. Teñen que buscar a operación entre as dadas e recoñecelo no muro.
- Eres o capitán dun equipo, tes 24 xogadores e decides formar equipos de 6 xogadores. Cantos equipos podes facer?
- Tes 24 bombóns e os queres empaquetar en caixas de 3. Cantas caixas podes encher? (división cuotativa)
- Tes 24 bombóns e os queres repartir entre 3 amigos. A cantos toca? (división partitiva)
- Tes un álbume de cromos, e ten páxinas para catro cromos en cada unha, cantas páxinas completas podes facer cos 24 cromos?
*División cuotativa: cantas veces podemos meter o divisor no dividendo. O divisor pode non ser un número enteiro.
División partitiva e cuotativa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas pola túa aportación!