luns, 5 de novembro de 2018

XOGANDO COAS LINGUAS

Cada venres aprendemos xogando.

En grupos cooperativos, de 3 ou 4, aportamos as ideas, opinións e axuda necesarios.

O dicionario vai ser unha ferramenta moi interesante...


DEFINEPALABRAS

Ides definir palabra, pero desas especiais, inventadas por vós. Podedes comezar unindo palabras ou inventalas porque teñan un son particular, e despois definilas.

Exemplo:

  • "Portapelos": instrumento, por regra xeral de plástico, onde se gardan os cabelos que caen ao peitearse, co fin de se empregar nun transplante capilar.
  • "Tracaplof": son que fan os petardos nas fallas rusas.

SILABEANDO

Construír oracións a base de palabras monosílabas.

Exemplo:

O mar da sal, o sol da luz e a flor da paz.
O pan e o té son bos.


O ABECETEXTO

Trátase de redactar oracións onde cada palabra siga a orde alfabética.

Exemplo:

Oliver pringaba queixos roquefort sobre teu utilitario verde.


 

       

     





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!