martes, 31 de marzo de 2020

BIBLIOTECA DO COLE

No noso cole temos unha fermosa e gran Biblioteca con moitas posibilidades: libros para nenos e adultos, audiolibros, DVD de películas e de música, xogos e xoguetes para os recreos, ordenadores...

Na marxe dereita deste blog tedes a posibilidade de picar no enlace e ir directamente.

Recoméndovos que visitedes o blog da biblio, Trasnos y trasnadas, entre as entradas máis interactivas, tedes:

OQO Filmes: películas e curtas de OQO

Museos virtuais: un paseo virtual por varios museos famosos.

Curtas: para disfrutar en familia

Libros de balde: para ler ou escoitar libros moi variados

Galicia Le: plataforma para acceder a todos os libros, películas e recursos da Rede de Bibliotecas Públicas

Pásate por alí e aprende algo máis, aporta cos teus comentarios...adiante!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!