mércores, 22 de abril de 2020

MIS ZAPATOS

Na actual sociedade tendemos a vivir moi rápido, intentando obter todo o que queremos sen reparar en moitas ocasións no que nos rodea.

Neste vídeo, atoparedes dúas persoas distintas, con diferentes formas de ver e vivir a vida. Pero sobre todo, ollade a un deles como se deixa levar polo que observa a primeira vista, polas aparencias, valora o que ten o compañeiro sen coñecer nada máis...

Ás veces non é ouro todo o que refulxe.


Despois de visionar este corto, reflexiona e pensa nesas ocasións en que desexaches ter algo que tiña outras persoa, ou cando conseguiches algo que querías e ao final non era para tanto o seu valor.




PROPOSTA:

 Para a área de Valores Cívicos e Sociais


Despois de repensar, escribe unha carta.

Imaxínate no lugar do neno minusválido e entéraste de que o outro neno que ser coma ti. Diríxelle as túas palabras a facerlle entender que ás veces, ou case sempre, non se disfruta de todo o que se quere e non se está nas condicións que se queren. Que aceptarse a un mesmo é o primeiro paso e cada un debe afrontar as dificultades da mellor maneira posible. Aconséllale algunha solución que podería facer para aliviar a súa situación de necesidade, pero insistindo en que a súa é unha necesidade material e non de saúde.

Creo que queda explicado cal é a finalidade da túa carta. Calquera dúbida, remítema.

Lembra a estrutura dunha carta:
  1. Lugar e data                                                            En galego, por favor
  2. Saúdo
  3. Corpo da carta
  4. Despedida
  5. Sinatura


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!