venres, 10 de abril de 2020

O CHÍO DAS AVES

A primavera. os raios de Sol agromando polo ceo, a chuvia de Abril. Mais, supoño que vos destes conta dos paxaros, do seu canto, dos seus chíos, máis intensos que outros anos...

...ou será que o silencio e a quietude, pola falta de movemento, son os que permiten que os escoitemos con tanta claridade?

Sexa como sexa, agora podedes ter as aves máis pretiño. Se clicades na imaxe lévavos a unha páxina onde poderedes  picar en cada unha delas e escoitalas, ademais de coñecer o seu nome.

Tamén poderedes saber algo máis doutros tipos de animais dos ríos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!