luns, 20 de abril de 2020

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES

No seguinte corto o protagonista é un gran amante dos libros, ademais de escritor. Dase conta do gran valor que teñen, do que se pode chegar a conseguir a través deles.






PROPOSTA




Despois de ver o corto completo, reflexiona sobre o que viches. Logo, escribe enumerando as distintas situacións polas que pasa o protagonista gracias aos libros.

  • Procura seguir a orde das secuencias. 
  • Se é preciso, volve ver o vídeo e fai anotacións, como un borrador.
  • Procura enviar o traballo con boa letra, boa ortografía, con coherencia e claridade. REVÍSAO!!
Recoméndoche que o vexas con calma, pensando, relacionando o que conta coas imaxes, empatizando co protagonista, é dicir, pensar e sentir como pensaría e sentiría el.

Ao rematar a túa tarefa, a continuación, inclúe unha imaxe (pode ser debuxada por ti ou co ordenador, ou ben sacada dalgunha páxina web) onde un libro sexa o centro de atención, o protagonista dese debuxo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!