xoves, 21 de maio de 2020

CONSTRUÍR UN TANGRAM

Xa sei que coñecedes o xogo do Tangram, pero... saberíadelo construír?

Pois diso trata esta actividade.

Visionade o vídeo, onde se explica como facer un tangram cun folio. E despois teredes que contruír o voso quebracabezas chino seguindo eses pasos, xa que vos explica as distintas figuras que se forman e como van saíndo.

Pasos:

  • Ver o vídeo.
  • Preparar o material necesario de traballo.
  • Elaborar o tangram. Se queredes podedes facelo en papeis de colores ou cartolinas. 
  • Enviade fotos ou vídeo de como o fixéstedes e tamén de figuras construídas con el.



Figuras:


Inventade vós algunha figura con este quebracabezas e poñédelle nome!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!