mércores, 27 de maio de 2020

CONSUMO RESPONSABLE

Atende ao que se conta no vídeo e despois responde ás cuestións propostas.


Responde:
  1. Un dos rapaces vai pedir unha viaxe como premio por aprobar todo con boas notas. Mais a compañeira coa que comenta as súas ideas desmóntalle a intención. Indica a que lugares quere viaxar, que negativas lle explica ela. 
  2. Busca e comproba que eses fenómenos metereolóxicos son certos nesas zonas e explica a que se deben.
  3. Unha das rapazas comenta que o paxariño que escoitaba todas as mañás morreu por non utilizar papel reciclado. A que se refire con iso?
  4. O regalo da moto quedou desbotado. Que pasou para que xa non quixera regalarlle a moto de segunda man?
  5. Reutilizar a roupa e os apuntes de mates. É correcta esa palabra para o uso que lle van dar a esas cousas? Explica o seu significado.
  6. Este rapaces que viches son adolescentes, uns máis concienciados que outros en canto ao coidado do medio ambiente. Segundo o que se ve e deduce do vídeo, escribe 5 consellos, que deberían estar nun cartaz na entrada dun instituto, para concienciar sobre o cambio climático, o coidado do medio ambiente, o consumo e o reciclado, etc. Pódeste guiar polo que se conta na curta.

Tedes un texto para completar neste enlace para completar a actividade

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!