Déixovos un dos seus miles de capítulos para despois facer un traballiño...Atendede!!!
Agora, lede ben o que tedes que facer...
PROPOSTA:
- Volvede ver a curta e ide facendo un borador do que vai acontecendo.
- Narrade a historia deste episodio, o que vai sucedendo.
- Seguide a orde dos acontecementos, é longa, pero podedes facelo.
- Este traballo de narración supón dedicación pois non sería suficiente con contar "por riba" o que pasa. Tedes que contar todo o que se vai desenvolvendo neste capítulo.
- A lonxitude do traballo, por tanto, non é medio folio nin unha cara dun papel.
- Non é contar un resumo da curta, trátase de CONTAR A HISTORIA QUE ESTADES A VER.
- Como esta tarefa ten certa complexidade, tedes toda a semana para facela.
- Escribide en galego, correxide a ortografía, consultade dicionarios, empregade sinónimos, antónimos...procurade vocabulario variado, non vos repitades na escrita. Nada de borranchóns. É dicir, dedicádelle tempo.
- Cando xa teñades toda a historia, pasádea a limpo e enviádesma. Quero dicir con isto que teredes que traballar sobre un borrador e non enviar o primeiro que se vos pase pola cabeciña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas pola túa aportación!