domingo, 7 de xuño de 2020

ISTO É DE ALUcine

Con esta semana rematamos o traballo....

Ehhh!! Non vos confiedes que na vindeira semana haberá sorpresas.

Mais polo de agora decidimos que tedes que demostrar o que aprendístedes neste curso... ou mellor dito, durante toda a primaria.

Medo??                    Inquedanza???               Que será????

Pois os titores de 6º confiamos tanto tanto en vós, que só vos imos dar unha proposta de traballo e vós elixiredes que queredes facer.

Temática desta semana... O CINE

De todas as actividades seguintes, tes que escoller 3 para entregar ao teu titor ou titora. Lembra que a temática central é o cine: pelis, personaxes, actrices e actores, obxectos,
lugares, países, cidades, animais, obxectos especiais …

TEDES TODA A SEMANA PARA FACER E ENTREGAR OS TRABALLOS. Podedes entregar de un en un ou todo xunto.

Tes que empregar calquera ferramenta dixital que coñezas ou que utilizamos nestes últimos 
meses. En caso de dúbida, pide axuda ou consello ao titor/a.

Aqueles que por razón xustificada non poden empregar un ordeandor ou tablet, debe 
entregar igualmente o traballo utilizando a súa creatividade e imaxinación e o material 
necesario, PERO primeiro tes que comentarllo ao titor/a.

Exemplo de ferramentas: 

Crear sopa de letrahttp://deckerix.com/modulos/juegos/sopadeletras/       
                                   https://www.worksheetworks.com/puzzles/wordsearch.html
Crear cuestionarios https://kahoot.com/

Crear xogos en Genially a partir de plantillas xa creadas  https://www.youtube.com/watch?v=nwBS14tPbPw

Crear Trivial en genially   https://www.youtube.com/watch?v=248BjyhwPVQ



Actividades:

1.- Crea un xogo no que os números sexan o dato a ter en conta. Tipos de xogos: pasapalabra, 
encrucillado, crucigrama, criptograma, autodefinido, etc. Datos que podes incluír: datas de estreno 
dunha peli, medidas de naves ou coches que aparecen en pelis, altura de personaxes, idades, datas 
en números romanos, cantidade de persoas que forman parte dun grupo ou pandilla.


2.- Elabora un anuncio ou cartaz da peli que máis che gustou.


3.- Deseña un cuestionario con preguntas sobre o cine: pelis, protagonistas, nomes de 
actores/actrices, obxectos ou elementos que aparecen: bolas máxicas, varitas, escudos, robots, 
animais; palabras ou frases secretas ou máxicas, claves secretas, tesouros, países, cidades, 
edificacións: castelos, casas, edificios coñecidos…


4.- Escribe a reseña dunha peli acompañada dunha imaxe.


5.- Describe a unha personaxe dunha peli para que a adiviñen.


6.- Xogo das diferencias entre dúas imaxes.

7.- Deseña un lapbook sobre unha peli.

8.- Crea: sopa de letras, damero silábico, acertixos, adiviñanzas, fuga de letras, xeroglíficos, unir 
parellas.

Se precisades saber dalgunha ferramenta, guía, manual, etc., non dubidedes en preguntar. Facilitámosvos o que precisedes... neso consiste esta tarefa, en que vós busquedes a información e solución aos posibles problemas, pero sempre sabendo que NÓS estamos aquí en todo momento.

Forza, ánimo e ... adiante!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!