domingo, 14 de xuño de 2020

REMATANDO...

Esta será a última semana...

Esta é a derradeira vez que vos pediremos algo....

Esta é a porta da despedida, unha vez aberta só teremos que dicir adeus.

Pero non queremos que sexa triste, nin nada similar, mais tede en conta que vos botamos moito de menos nestes 3 meses estraños, atípicos, excepcionais pero intensos e queremos ter un último recordo.

Nesta semana publicaremos cada día os vosos traballos, pero quero pedirvos algo...

Aqueles e aquelas que queirades podedes preparar a vosa despedida... xa sei que agora que POR FIN rematamos coas tarefas, deberes, exercicios e toleadas dos profes non tedes máis forzas ou gañas de traballar, pero gustarianos coñecer como vos foi nesta tempada tan rara: que sentístedes, como estades agora, que queredes facer ou como credes que pode ser o futuro máis próximo, que ao mesmo tempo lle mandedes aos compis ánimos para saír adiante e volver á nova normalidade e despedirse dos que foron os vosos compañeiros durante moitos moitos anos....

O que vos apeteza facer podedes enviarmo ao correo coleactividades@gmail.com (de calquera curso de sexto).

Eu tamén me despedirei de vós... pero será o venres, á miña maneira, e cun sorriso para todas e todos.

Espero as vosas aportacións!!!

Ánimo, un día máis é un día menos e isto acábase....


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!