Na segunda metade do século XIX xurde un movemento en defensa da lingua e cultura galegas que se coñece co nome de Rexurdimento. Para levar a cabo a súa labor os membros do Rexurdimento publicaron gramáticas e dicionarios da lingua galega, estudos sobre a historia de Galicia e crearon xornais e editoras. Nesta labor ten un papel fundamental de dinamización da lingua galega a literatura, sobre todo o cultivo da poesia.
Dentro do Rexurdimento pódense diferenciar dúas etapas:
* Precursores do Rexurdimento (1838-1863). Unha serie de poetas comezan a empregar o galego como lingua literaria nas súas obras, entre eles destaca como gran precursor Xoán Manuel Pintos.
* Rexurdimento pleno (1863-1888). A publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro supón a consolidación do movemento. Esta autora, Eduardo Pondal e Curros Enríquez son as tres figuras fundamentais da literatura do século XIX.
__________________________________________________________________________________
___________________________________________________________________
A raíz da invasión francesa (1809) e dos
enfrontamentos entre absolutistas e liberais, xorden os primeiros
textos escritos en galego, impresos en follas soltas ou en xornais, con
fins propagandísticas. Uns chaman o campesiñado á defensa do país, e
outros defenden as ideas liberais.
Ó longo do século, trala caída
do absolutismo e o inicio da monarquía constitucional, nacen diversos
movementos galeguistas baseados na defensa da singularidade e da
personalidade diferenciada de Galicia.
"A gaita gallega" (1853), de Xoán Manuel Pintos, constitúe o primeiro libro da literatura galega contemporánea.
En 1861 celébranse na Coruña os
primeiros Xogos Frorais. As composicións premiadas, xunto con mostras da
poesía contemporánea, recóllense un ano máis tarde no "Álbum de la
Caridad", primeira antoloxía do Rexurdimento galego.
A publicación en 1863 de Cantares
gallegos, primeira obra escrita integramente en galego por Rosalía de
Castro, inaugura o Rexurdimento pleno. Ó longo desta etapa publícanse na
nosa língua tanto poesía como prosa, aínda que o ano máis fructífero
para a literatura galega foi sen dúbida 1880. Nesta data saen á luz
composicións dos autores de máis sona do momento: "Follas novas" de
Rosalía de Castro, "Aires da miña terra" de Curros Enríquez, e "Saudades
gallegas" de Lamas Carvajal. Seis anos despois aparece "Queixumes dos
pinos" de Eduardo Pondal.
Os lindes da nosa literatura vanse ampliando de vagar desde a lírica ata a narrativa, o ensaio e a prosa didáctica.
A consolidación da prosa galega non se
produce ata o século XX, mais a finais do XIX hai xa precedentes
salientables, como "Maxina ou a filla espúrea", (1880) de Marcial
Valladares, primeira novela galega contemporánea. Obra de grande sona
entre as clases populares foi "O catecismo do labrego" de Lamas Carvajal,
obra de crítica social en clave de humor, que coñeceu trece edicións en
vida do autor. Tal vez o mellor prosista da época foi Antonio López
Ferreiro, autor de tres importantes novelas: "A tecedoira de Bonaval", "O
Castelo de Pambre" e "O niño de Pombas".
O xénero teatral foi o menos cultivado.
A presencia da língua galega nos xornais
contribúe grandemente a prestixialo idioma. No ano 1876 edítase,
promovido por Valentín Lamas Carvajal, o pioneiro dos xornais
integramente en galego, "O tio Marcos da Portela".
Os autores do Rexurdimento descoñecen a
existencia da rica tradición lírica medieval galega. Escriben co
convencemento de que son os iniciadores do cultivo literario do idioma.
Carecen, polo tanto, dunha normativa idiomática o que os obriga a partir
dos usos orais.
Nas últimas décadas do XIX nacen as
primeiras gramáticas e diccionarios da língua galega, esenciais para a
súa normalización: "Compendio de gramática gallega-castellana", de
Francisco Mirás (1864); e "Gramática Gallega", de Saco e Arce, o primeiro
estuDio serio do idioma galego.
Unha das últimas manifestacións do Rexurdimento, xa no século XX, foi a constitución da Real Academia Galega (1905).
Chegada a fin do século XIX constátase
unha recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico;
asemade faise patente un descenso no nivel de uso oral. A língua galega
non vive aínda uNha situación normalizada e iso provoca un retroceso en
medios sociais (clases altas e medias) e en ámbitos xeográficos
concretos (urbanos).
PRACTICA
Información extraida de Abalar da web da Xunta de Galicia e do blog Día das Letras Galegas