As palabras non sempre son suficientes para expresar as ideas, que mellor que as imaxes para reforzar o que se quere comunicar.
Achegámonos ao Concello para coñecer e comprender coa exposición "Rompe. Xoga en igualdade", poesía visual por todos os frentes. Nela transmítese o rexeitamento a unha cultura pouco respectuosa que considera e trata á muller dun xeito nada tolerante, da necesidade de romper coa violencia machista.
Coa boneca Barbie como protagonista, caracterizada en cada unha das distintas situacións nas que a muller perde a súa dignidade.
Reivindica a igualdade entre homes e mulleres para todo e en todos os ámbitos sociais, culturais, profesionais e familiares con 18 situacións que aínda acontecen no século XXI.
#barbifloreiro #barbiprincesa #barbinenacasadaáforza #barbiclub
xoves, 11 de outubro de 2018
MANIPULANDO AS MATEMÁTICAS
Despois de aprender agora toca ensinar. E practicar.
As regletas de Cuisinaire son un material para comprender conceptos matemáticos moi útil e fácil de empregar. Desde sumas ata funcións, pasando polas potencias, raíces, ecuacións. Pódese resolver de case todo con elas.

Ao principio coñecemos, manipulamos...imos relacionando cor e valor.
Despois sumar, restas e potencias. Enténdense moito mellor vendo o porque e descubrindo a razón dos algoritmos e dos distintos conceptos matemáticos.
o cadrado de 11, ou raíz de 121
buscando o cadrado de 13, ou a raíz de 169
Aínda queda moito que practicar e manipular. Pero seguro que imos avanzar en positivo, sumando esforzo e multiplicando coñecementos.
VOLVEMOS...
Comeza unha nova etapa, novas caras, novos propósitos. Novo curso...
Fixémoslle unha visita ao Museo da vila, e descubrimos que temos motos artistas na zona, xa que a exposición era de "Artistas do Deza".
Acollía 37 obras: pinturas, esculturas, fotografía. Fondevila, Paio, Lareo, Laxeiro, Sucasas, Wily, Gloria Alonso, Aymerich, Xulia Ferradás, Meijomence, Lamazares, Santomé, Nicolás González, Armindo Salgueiro, Álvaro Negro, Bibi, Ana Dobarro, Xabier Arias....
A nosa compañeira de visita foi Cecilia, que fixo unha explicación moi detallada das obras e respondeu ás nosas curiosidades.
Voltaremos....

luns, 4 de xuño de 2018
mércores, 16 de maio de 2018
FACENDO DE CONTACONTOS
Esta actividade non pode faltar no noso grupo. Encántalles actuar, falar, ler...son uns enormes actores.
A obriña escribírona eles...mellor imposible.
A obriña escribírona eles...mellor imposible.
MUSEO DO TÍTERE
Cando desfrutamos neste marabilloso lugar. O propio Pazo de Liñares xa ten o seu encanto.
Fomos ver a posta en escea dunha obriña adaptada por Fantoches Baj, de xeito que o montaron como un teatro de sombras...precioso!!!
A obra chámase "O xigante e o golfiño"
Fomos ver a posta en escea dunha obriña adaptada por Fantoches Baj, de xeito que o montaron como un teatro de sombras...precioso!!!
A obra chámase "O xigante e o golfiño"
DIAPORAMAS
Vaia que ten un nome rariño.
Un diaporama supón colocar imaxes a diferentes distancias entre si formando unha escea que, en conxunto, pódese apreciar en diversos niveis.
Un diaporama supón colocar imaxes a diferentes distancias entre si formando unha escea que, en conxunto, pódese apreciar en diversos niveis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)