Ímoslle dar unha volta ás noticias. Como lla contarías a un amigo ou amiga.
venres, 30 de abril de 2021
domingo, 7 de marzo de 2021
CONTANDO HISTORIAS CON DADOS
Para practicar a creación de contos é preciso ter en conta varios aspectos, pero sobre todo 3:
sábado, 20 de febreiro de 2021
IRMANDADES DA FALA E GRUPO NÓS
En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala. O seu obxectivo é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura.
Na poesía no inicio do século XX non supuxo un cambio no panorama
literario galego senón que continuaron as liñas iniciadas no
Rexurdimento.
O primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños é Antonio Noriega Varela,
o máis destacado representante dunha xeración de transición: por unha
parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos
predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do
modernismo e da literatura portuguesa.
Escribiu unha soa obra ampliada durante toda a súa vida: en 1904 o título é Montañesas; desde 1920, denominarase Do ermo.
Pero o poeta máis destacado da época é Ramón Cabanillas (1876-1959): O Poeta da Raza. Recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros introducindo elementos renovadores modernistas.
_________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________
O REXURDIMENTO EN GALICIA
Na segunda metade do século XIX xurde un movemento en defensa da lingua e cultura galegas que se coñece co nome de Rexurdimento. Para levar a cabo a súa labor os membros do Rexurdimento publicaron gramáticas e dicionarios da lingua galega, estudos sobre a historia de Galicia e crearon xornais e editoras. Nesta labor ten un papel fundamental de dinamización da lingua galega a literatura, sobre todo o cultivo da poesia.
Dentro do Rexurdimento pódense diferenciar dúas etapas:
* Precursores do Rexurdimento (1838-1863). Unha serie de poetas comezan a empregar o galego como lingua literaria nas súas obras, entre eles destaca como gran precursor Xoán Manuel Pintos.
* Rexurdimento pleno (1863-1888). A publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro supón a consolidación do movemento. Esta autora, Eduardo Pondal e Curros Enríquez son as tres figuras fundamentais da literatura do século XIX.
__________________________________________________________________________________
___________________________________________________________________
A raíz da invasión francesa (1809) e dos enfrontamentos entre absolutistas e liberais, xorden os primeiros textos escritos en galego, impresos en follas soltas ou en xornais, con fins propagandísticas. Uns chaman o campesiñado á defensa do país, e outros defenden as ideas liberais.
Ó longo do século, trala caída do absolutismo e o inicio da monarquía constitucional, nacen diversos movementos galeguistas baseados na defensa da singularidade e da personalidade diferenciada de Galicia.
"A gaita gallega" (1853), de Xoán Manuel Pintos, constitúe o primeiro libro da literatura galega contemporánea.
En 1861 celébranse na Coruña os primeiros Xogos Frorais. As composicións premiadas, xunto con mostras da poesía contemporánea, recóllense un ano máis tarde no "Álbum de la Caridad", primeira antoloxía do Rexurdimento galego.
A publicación en 1863 de Cantares gallegos, primeira obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento pleno. Ó longo desta etapa publícanse na nosa língua tanto poesía como prosa, aínda que o ano máis fructífero para a literatura galega foi sen dúbida 1880. Nesta data saen á luz composicións dos autores de máis sona do momento: "Follas novas" de Rosalía de Castro, "Aires da miña terra" de Curros Enríquez, e "Saudades gallegas" de Lamas Carvajal. Seis anos despois aparece "Queixumes dos pinos" de Eduardo Pondal.
Os lindes da nosa literatura vanse ampliando de vagar desde a lírica ata a narrativa, o ensaio e a prosa didáctica.
A consolidación da prosa galega non se
produce ata o século XX, mais a finais do XIX hai xa precedentes
salientables, como "Maxina ou a filla espúrea", (1880) de Marcial
Valladares, primeira novela galega contemporánea. Obra de grande sona
entre as clases populares foi "O catecismo do labrego" de Lamas Carvajal,
obra de crítica social en clave de humor, que coñeceu trece edicións en
vida do autor. Tal vez o mellor prosista da época foi Antonio López
Ferreiro, autor de tres importantes novelas: "A tecedoira de Bonaval", "O
Castelo de Pambre" e "O niño de Pombas".
O xénero teatral foi o menos cultivado.
A presencia da língua galega nos xornais contribúe grandemente a prestixialo idioma. No ano 1876 edítase, promovido por Valentín Lamas Carvajal, o pioneiro dos xornais integramente en galego, "O tio Marcos da Portela".
Os autores do Rexurdimento descoñecen a existencia da rica tradición lírica medieval galega. Escriben co convencemento de que son os iniciadores do cultivo literario do idioma. Carecen, polo tanto, dunha normativa idiomática o que os obriga a partir dos usos orais.
Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas e diccionarios da língua galega, esenciais para a súa normalización: "Compendio de gramática gallega-castellana", de Francisco Mirás (1864); e "Gramática Gallega", de Saco e Arce, o primeiro estuDio serio do idioma galego.
Unha das últimas manifestacións do Rexurdimento, xa no século XX, foi a constitución da Real Academia Galega (1905).
Chegada a fin do século XIX constátase unha recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico; asemade faise patente un descenso no nivel de uso oral. A língua galega non vive aínda uNha situación normalizada e iso provoca un retroceso en medios sociais (clases altas e medias) e en ámbitos xeográficos concretos (urbanos).
Información extraida de Abalar da web da Xunta de Galicia e do blog Día das Letras Galegas
ROSALÍA DE CASTRO
O vindeiro 24 de febreiro conmemoramos a Rosalía. Déixovos un encrucillado para lembrar algo da súa biografía.
venres, 8 de xaneiro de 2021
XOGOS PARA APRENDER E PRACTICAR
Estes xogos ademais de entreter teñen finalidades educativas e desenvolven os seguintes aspectos:
Vocabulario
Rapidez lingüística
Razoamento lóxico
Proba, pero non te confies...
FORMAR PALABRAS
TRIVIAL
XOGANDO A PASAPALABRA
Xogo xa popular, propóñovos este moi sinxelo.
Cada vez que rematades o rosco e comezades un novo, este vai ter distintas palabras.
xoves, 18 de xuño de 2020
DESPEDIDA....AGORA SI!! Belén
Non foi fácil pois este trimestre supuxo un cúmulo estraño de emocións e sentimentos, de situacións e reaccións. Mais contei cunha gran axuda: CON VÓS.
Pensar que estabades aí, traballando arreo, comunicándovos comigo, sorprendéndome cada día...
Sodes moi grandes!!
Fóstedes moi valentes!!
Seredes un gran exemplo para os vosos novos compañeiros e compañeiras!!
Ánimo!! Un día máis xa non é un día menos, xa se acabou a conta atrás. Sorte na nova etapa!!
Lembrades...???
DESPEDIDA??? NON. VOLVEREMOS A ENCONTRARNOS Paula 6ºD
DESPEDIDA?? NON, NOVAS METAS Carmelo, Lúa, Lucía, Fátima, Uxía, Diego, Alba F., Antonio, Martían D.
LUCÍA 6ºC FÁTIMA 6ºA






