En grupos cooperativos, de 3 ou 4, aportamos as ideas, opinións e axuda necesarios.
O dicionario vai ser unha ferramenta moi interesante...
DEFINEPALABRAS
Ides definir palabra, pero desas especiais, inventadas por vós. Podedes comezar unindo palabras ou inventalas porque teñan un son particular, e despois definilas.
Exemplo:
"Portapelos": instrumento, por regra xeral de plástico, onde se gardan os cabelos que caen ao peitearse, co fin de se empregar nun transplante capilar.
"Tracaplof": son que fan os petardos nas fallas rusas.
SILABEANDO
Construír oracións a base de palabras monosílabas.
Exemplo:
O mar da sal, o sol da luz e a flor da paz.
O pan e o té son bos.
O ABECETEXTO
Trátase de redactar oracións onde cada palabra siga a orde alfabética.
Exemplo:
Oliver pringaba queixos roquefort sobre teu utilitario verde.
Ademais das actividades de debuxo e ambientación, nós imos crear unhas empresas novas, as cales teñen por nome "Samaín". Poden ser de calquer tipo: perrucarías, librarías...
As que saíron polo de agora son estas, algúns, claro está, imitando aos seus pais ou a coñecidos da contorna.
Agora terán que investigar como se crea unha empresa...traballo nada fácil.
Para comprender mellor a descomposición dos números cos seus múltiplos, divisores; números primos, compostos...empregamos as regletas.
MURO DO 24
A descomposición da lugar a todos estes divisores (o alumnado faino coas regletas). Pro teñen que apreciar que temos o múltiplo de todos eles, o 24, e os divisores do mesmo, 3, 8, 4, 2, 12, 6.
E como divisores e múltiplo que son, as posibles operacións deste muro son:
8x3 6x4 12x2
24:3 24:6 24:12
24:8 24:4 24:2
A partires disto, inventamos problemas, pois sen contextualizar non se entenden as matemáticas. Teñen que buscar a operación entre as dadas e recoñecelo no muro.
Eres o capitán dun equipo, tes 24 xogadores e decides formar equipos de 6 xogadores. Cantos equipos podes facer?
Tes 24 bombóns e os queres empaquetar en caixas de 3. Cantas caixas podes encher? (división cuotativa)
Tes 24 bombóns e os queres repartir entre 3 amigos. A cantos toca? (división partitiva)
Tes un álbume de cromos, e ten páxinas para catro cromos en cada unha, cantas páxinas completas podes facer cos 24 cromos?
*División partitiva: ten o sentido de reparto. O divisor é, necesariamente, un número enteiro.
*División cuotativa: cantas veces podemos meter o divisor no dividendo. O divisor pode non ser un número enteiro.
O 24 de outubro fomos de visita ao Museo.
Desta volta fomos coñecer un pouquiño máis do noso astrónomo máis famoso: Ramón Mª Aller.
A exposición incluía cartas, manuscritos, fotos, documentos inéditos e outra información do astrónomo. Moitos deses documentos foron escritos por el, cunha caligrafía increible.
Por sorpresa, a prensa veu quitar unha foto...e non saímos tan mal.
Témoslle que agradecer a Cecilia a súa paciencia e tempo adicado a explicarnos e ensinarnos un pouco máis deste home tan importante para as matemáticas, a astronomía, a educación en si mesma.
Aproveitamos para percorrer a exposición de Ruth Lodeiro: "A viaxe (des)fiada".