domingo, 19 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE...COMEZAMOS Semana 20-24 ABRIL

Comezamos o 3º trimestre reforzando o coñecido, ampliando os vosos coñecementos e desenvolvendo novas habilidades.

Aínda que está separado por cursos os contidos curriculares, as actividades son similares. 

En canto ás propostas que saen no blog, todas e todos podedes e debedes facelas xa que sempre aprenderedes algo novo, veredes algo distinto e farédelo doutra maneira, co que xa iredes "medio adestrados" para o insti.

Lembrade visitar a páxina do cole para realizar as tarefas de Inglés, Música, Relixión (os que a tedes) e EF. Tamén tedes propostas interesantes e divertidas no blog da biblioteca, "Trasnos e trasnadas"

E tamén podedes participar naquelas que, sendo un pouco máis de entretemento, se vos pide enviar unha foto ou vídeo. Así todos disfrutaremos da vosa creatividade e poderedes "ver virtualmente" os vosos traballos, escoitar as vosas voces. Animédevos, é sinxelo e divertido.


AVISO: O material para 6ºB a partires de agora enviarase por correo electrónico ás familias



6ºA e C


LUNS        MARTES        MÉRCORES       XOVES       VENRES

Mates                    Mates                           Mates                               Mates                       Mates


LG                        LC                                LG                                     LC                            LG


CS                       * Plástica                        *CN                             Valores/ Relixión             CS


Solucións                Solucións mates            solucións mates
Mates                          

As asignaturas que teñen * tedes que mirar por aquí abaixo o que debedes facer





 6ºD

Comezamos o terceiro trimestre organizándonos un pouco. tedes un horario coas sesións para toda a semana, picando en cada asignatura xa vos leva á actividade. Algunhas aínda están en preparación, pois iso non abren. Outras explicanse e explicaranse máis abaixo.

Procurade ter un horario cómodo, para vós e a vosa familia. Enviade todas as tarefas para revisalas (as que sexan para corrixir, xa que outras son interactivas). Non vos esquezades das outras tarefas do lapiz amarelo , que tamén deben enviarse. Se sodes constantes, isto será moi fácil, se o ides deixando... acabaredes por acumular o traballo sen necesidade.

 Rexistrádevos nos libros dixitais, en Savia digital: en CS, CN, Mates, LG e LC.

Para o libro "A herdanza do marqués" tedes 3 semanas a partires de hoxe para ler. Despois faremos algunas actividades.


      Ánimo!!!      Un día máis é un día menos


LUNS        MARTES        MÉRCORES       XOVES       VENRES

Mates                    Mates                           Mates                               Mates                       Mates


LG                        LC                                LG                                     LC                            LG


CS                       * Plástica                        *CN                             Valores/ Relixión            *CS


As asignaturas que teñen * tedes que mirar por aquí abaixo o que debedes facer

* Para PLÁSTICA: ides deseñar un cartel para o voso nome, a modo de graffitti. Tamaño folñio, A4, e empregando o material axeitado: regra, transportados, compás, etc, para que o debuxo quede ben feito. En canto aos colores, os que queirades e empregade os que consideredes: rotuladores, ceras, lápices, acuarelas... Enviade o traballo.



Tamén tedes a entrada "Novas historias a partires de títulos" para ir preparando... ao longo da semana, máis curiosidades.

*CN: unha vez rexistrados, entrade no libro dixital de CN, ides á pestana "Recursos interactivos" e atoparedes isto:


Realizade as seguintes actividades da unidade 1:

  • Ponte a punto: Que sabes dos seres vivos?
  • Practica: As partes da célula, Niveis de organización e Por que os fungos non son plantas.
Cando rematades teñen a opción de gardar, corrixir, ver as respostas... Vós gardade, correxide, e así saberei se pasástedes por elas.
Próximamente vos enviarei  os códigos para unirse aos grupos de cada libro.

*CS: entrade no libro dixital, na unidade 1. Realizade:
  • Ponte a punto: Que sabes sobre as paisaxes de España?
  • Practica: As cordilleiras.
  • Repaso

4 comentarios:

  1. Bos días , o exercicio número catorce de matemáticas das clases A e C está incompleto , non pon en cantos plazos quere pagar os electrodomésticos.

    ResponderEliminar
  2. Ola, a qué dirección email se envía o graffiti de plástica? Gracias

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola. Podedes enviarllo ao enderezo de correo electrónico do voso titor/a. Grazas.

      Eliminar

Grazas pola túa aportación!