domingo, 24 de maio de 2020

ACTIVIDADES SEMANA 25 AO 29 MAIO

Esta semana ímola adicar a un tema sempre de actualidade: O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE.

Pero non só mirando á Natureza, senon tamén a xente, os animais, os residuos, pandemias, enerxías, etc.



“TRANSFORMAR O NOSO MUNDO” é o lema da Axenda 2030, que desenvolve os obxectivos da comunidade internacional no período 2016-2030 para erradicar a pobreza e favorecer un desenvolvemento sostible e igualitario.

A axenda 2030 xira en torno a 5 eixes: Planeta, persoas, prosperidade, paz e alianzas e está integrada por 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A educación ten unha incidencia clave na Axenda 2030. Por unha parte, porque os que agora se atopan na etapa da infancia convertiranse en non moito tempo nas xeración futuras, que retomarán a Axenda 2030 e terán por tanto que tomar decisión importantes para o planeta e a humanidade.

E por outra parte, porque os nenos e as nenas teñen que ser protagonistas de súa propia realidade educativa, e ser á súa vez cidadanía crítica, formada, consciente e activa na súa realidade cotiá.



Lembrade pasar pola páxina do cole e facer as actividades dos especialistas: Inglés. Música (que propuxo un reto en familia moi chulo), EF e Relixión.


LUNS:                 Matemáticas                 *LC                         CS


MARTES:           Matemáticas                  LG                        Plástica


MÉRCORES:     Matemáticas                 *LC                        CN


XOVES:              Matemáticas                   LG                       Valores/Relixión


VENRES:           Matemáticas                  *LC                       *CS


*LC: é un traballo para realizar ao longo de toda a semana.

*CS: reflexiona sobre o que ves no vídeo e explica a idea que quere transmitir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!