domingo, 17 de maio de 2020

NOTICIA DE PRENSA: HISTORIA DE ESPAÑA


Imaxinácheste algunha vez que sería realmente vivir durante a Guerra de Independencia, que pasaría na corte de Isabel II, ou como serían as casas da xente en España durante o século XIX? Se non o fixeches, vaite poñendo!  

Hoxe toca converterse en periodistas

Primeiro tes que escoller un suceso do vídeo que viches hoxe en sociais que che resultara interesante. Logo has de pensar como sairía publicada esa noticia nun xornal da época. E, por fin, vala escribir como se ti estiveras vivindo ese momento.  

Como?
Unha vez teñas decidido o suceso sobre o que queres escribir, fai un esquema no que respondas estas preguntas:

-          Que pasou?
-          Onde pasou?
-          Quen participou?
-          Cando pasou?
-          Por que pasou?

A continuación toca meterse coa redacción da noticia. Para iso entra nesta páxina web:


https://www.fodey.com/generators/newspaper/snippet.asp


1.    Name of the newspaper: Inventa o nome do xornal no que sairía publicada esta noticia.
2.    Date: Escolle a data de publicación.
3.  Headline: Escribe un titular que recolla o máis importante do suceso (4 ou 5 palabras, senón non colle).
4.   Enter your story: Redacta a noticia, e se o precisas, inventa algún dato máis e engádeo. (max. 150 palabras)

Ao rematar de escribir non te esquezas de revisar a ortografía e que o que escribiches se entenda ben.

Para finalizar pincha en generate para xerar a túa historia en formato xornal, e despois en download your image para descargala.

Failla chegar á túa/ ao teu profe por correo electrónico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas pola túa aportación!