domingo, 29 de marzo de 2020
OCA DIXITAL PARA MOVERSE
Oca dixital de Flipped Primary, para movernos mentres estamos na casa...a moverse!!!
venres, 27 de marzo de 2020
PASAPALABRA MATEMÁTICO
E para rematar a semana, un xogo coñecido para entrenar os vosos coñecementos matemáticos. Coidade a ortografía, é sensible aos acentos.
Pasapalabra matemático ou Ruleta de matemáticas...sorte!!
Pasapalabra matemático ou Ruleta de matemáticas...sorte!!
xoves, 26 de marzo de 2020
XOGOS DE CARTAS
As cartas son un recurso moi utilizado desde tempos vellos, senon preguntádelle aos vosos avós, tíos ou pais...pasaban moitas horas ao pé da lareira ou da cociña de leña xogando coas cartas.
E, a que xogaban?
Pois hai moitas posibilidades:
- Tute
- Chinchón
- "Escoba"
- Seta e media
- Cinquillo
- etc., etc., etc...
Hoxe xa temos novos xogos con cartas, como por exemplo UNO. Pero precisamente, para xogar un só podemos optar polo SOLITARIO.
Imos ver como son algúns deles (pica en cada imaxe para xogar)
UNO
Espero as vosas aportacións:
- A que xogo de cartas xogades na casa?
- Coñeces algún xogo máis dos que xa se dixeron?
- Anímate e inventa un xogo novo coa baralla (española ou francesa).
Estas respostas podedes escribilas en "comentarios". Para iso, debedes identificarvos (nome e primeiro apelido) e despois engadir o que queredes aportar.
CONTOS CONTADOS
"Estimados/as amigos/as:
Vivimos momentos excepcionais nos que as circunstancias nos obrigan a permanecer na casa. Por iso, dende Kalandraka queremos compartir con todos e todas vós esta iniciativa de "Contos Contados". Con ela, pretendemos trasladar o noso amor polos libros e pola lectura a todos os fogares.
Premede na imaxe para acceder á sección da nosa canle na que, diariamente, e na medida das nosas posibilidades, irán aparecendo algúns dos contos editados ao longo destes anos. Convidámosvos a que os compartades coas vosas familias e tamén coas dos vosos alumnos e alumnas. Porque, nestes tempos, a palabra é máis necesaria que nunca.
Unha forte aperta e coidádevos moito!"
Estas son as palabras da editorial Kalandraka ante a situación actual. O noso máis agarimoso agradecemento e espero que o disfrutedes tanto coma nós.
mércores, 25 de marzo de 2020
VAI DE LENDAS...
Imaxe da páxina "Galicia encantada"
A nosa Galicia sempre agochou no seu interior historias que xogan coa fantasía e coa realidade. O maxín de cada un, as crenzas, as paisaxes máxicas...todos teñen un papel importante nas diversas lendas que existen de Norte ao Sur, do Leste ao Oeste...
Se picas na imaxe poderás ler as lendas e misterios das Illas Sagres.
Sabía que a raíz da mandrágora...
►A raíz das mandrágoras ten figura dunha persoa e ao desenterrar unha mandrágora a persoa que se lle asemella emite un son estarrecedor que deixa xordo a quen o escoita.
A Cabana dos Estremeños
Na Mallada do Piornedo, aos pés do Pico Mostallar, concello de Cervantes (Lugo). Contáronme que recibe o nome porque antigamente viña xente dende Estremadura a traer o gando.
A verdadeira historia de María Castaña
A María Castaña de carné e óso
Nunha carta de doazón datada o 18 de xullo de 1386 dáse conta da cesión á catedral de Lugo dos bens que posúen no couto de Cereixa, freguesía de San Pedro de Cereixa, concello de Pobra do Brollón (Lugo), unha tal María Castanna, muller que foi de Martín Çego, e os seus fillos, Gonçalvo Çego e Afonso Çego “por cuanto fomos en ferir a Françisco Fernandes, moordomo do señor obispo de Lugo, de feridas de que veo morte”. É todo canto sabemos por vía documental desta muller.
A María Castaña real mitificada
O resto son suposicións ou invencións que coñecemos a través da tradición oral e por vía impresa. Destas suposicións forma parte afirmar que encabezou unha revolta de indignados contra os abusos dos recadadores do bispo de Lugo, frei Pedro López de Aguiar, e que na actual Praza Maior da cidade de Lugo encheu o mandil de pedras e animou a outros ao berro “A eles, que son poucos”. Como consecuencia, alguén (dise que o mordomo do bispo) quedou ferido para acabar morrendo. Logo sería detida e condenada a morte, sendo liberada da pena capital, previo arrepentimento, polo favor do rei, pero obrigada a doar todos os seus bens e os da súa familia ao señor bispo de Lugo.
A María Castaña mítica
A María Castaña, Mari-Castaña, Maricastaña dos “tempos de María Castaña” é outro personaxe diferente e moito máis antigo pero que que se evoca na literatura posterior ao s. XIV, aínda que sen facer referencia a Lugo. Por exemplo: Francés de Zúñiga, xastre e bufón, autor dunha crónica satírico-burlesa do rei Carlos V datada en 1525 di “porque si en el reyno no obiese alguna rebuelta pudiésemos faboresçer al arçobispo de Sebilla, Ynquisidor Mayor, y a la fe católica, porque ya no era tiempo de Maricastaña, quando se pasaba la mar en enjuto". Noutros textos, en cambio, como en Cancionerillos de Munich, 1589-1602, cítase así: "En tiempo del Rey Thereso residia en Badajoz, y quando Maricastaña alla en Castilla reynò” Curioso texto, por certo, pois refunde dúas fórmulas de inicio dos contos presentes no romanceiro castelán do século XVII: “En tiempos del rey Thereso” e “Cuando Maricastaña allá en Castilla reinó”. María Castaña era tamén o nome dunha narradora ou contadora da corte do rei Carlos II (1630-1685) que morrería, probablemente, nunha peregrinaxe a Santiago. Pero xa moito antes, no s. XIII, parece que existía unha canción de xograría que dicía“María Castaña toca castañolas”
Pero aínda hai máis
Os autores (Xosé Miranda, Xoán R. Cuba e eu mesmo) do “Dicionario dos seres míticos galegos” ao darnos conta de que o nome e apelido desta muller vén sendo unha tradución exacta de Auburn Mary “María Castaña”, muller protagonista do conto “The Battle of the Birds“ (A batalla dos paxaros/aves), recollido en Escocia e publicado por primeira vez por John Francis Campbell en 1860, cremos que esta pode ser a máis antiga “biografía” deste personaxe lendario. Tirando deste fío, no Diccionario dos seres míticos galegos chegamos á conclusión seguinte: “Auburn lembra moito o noso ebúrneo, de ebur, «marfín». E efectivamente, auburm, no vello inglés, foi primeiro branco, despois castaño. María Castaña foi antes María Branca. E agora aclárase o enigma. O relato da batalla dos paxaros é idéntico ó noso de Brancaflor, a filla do demo, en tódolos seus detalles. María Castaña é a mesma Brancaflor. Pero o demo é un pai putativo, en realidade: é de antonte. María Castaña é moito máis vella có seu pai. É «dos tempos de María Castaña». Naturalmente, pois o relato coincide punto a punto co de Xasón e Medea. Medea, a terrible maga, neta do Sol, á que Xasón foi buscar ó mesmo inferno, ó cabo do mundo. Así pois Medea= María Castaña= Brancaflor. Pero o relato existe entre os xermanos («A Doncela Autoritaria»), entre os indios, entre os eslavos, entre os arios, entre os malgaxes, entre os indonesios e os polinesios. María Castaña, Brancaflor, é o máis antigo dos personaxes deste libro. ¿E por que é branca, ou castaña? Porque antes foi a deusa da morte, dos mortos, dos infernos, Hella (filla de Loki), Ana (os anaon son os mortos en Bretaña), Perséfone, Diana, a Deusa Mai, a Deusa Triple, a Deusa Branca, na súa personalidade infernal. Os tempos de María Castaña son os tempos do matriarcado primordial”.
© Antonio Reigosa
martes, 24 de marzo de 2020
PASATEMPOS DIDÁCTICOS
REPASO SOBRE A IDADE CONTEMPORÁNEA
(Picade na sopa de letras e no crucigrama para poder dercargalos, tamén podedes escribir nunha libreta as solucións do crucigrama)
A CÉLULA
luns, 23 de marzo de 2020
PAPIROFLEXIA
O origami é unha técnica que xa coñecedes; alá de Oriente, básase en pregar papel para obter figuras xeitosas.
Para que desenvolvades as vosas destrezas manual, de psicomotricidade fina, de orientación espacial, matemática...practicade, practicade e, á volta, xa nos ensinaredes as figuras que conseguístedes facer.
Propostas:
Para que desenvolvades as vosas destrezas manual, de psicomotricidade fina, de orientación espacial, matemática...practicade, practicade e, á volta, xa nos ensinaredes as figuras que conseguístedes facer.
Propostas:
- Empregade papel de reutilizar, non desbotedes papel novo.
- Podedes decorar a figura, unha vez rematada.
- Inventade unha breve historia con eses elementos: imaxinade, escribídea e, incluso, grabádea (co móbil, tableta, etc.).
Un exemplo de como combinar a papiroflexia e a narrativa (Salón "virtual" do Libro de Pontevedra):
NORMAS DE USO E ABUSO DO BLOG
Este blog será o noso medio de comunicación pedagóxico e académico mentres dure o confinamento.
O funcionamento será o seguinte:
isto quere dicir que SÓ O ALUMNADO DE 6ºD ten que entregar este traballo para correxir polo medio que xa teñen asignado, na semana que corresponde. Mais o resto dos alumnos e alumnas poden facelo, sen problema.
O funcionamento será o seguinte:
- Todos os luns publicarase unha entrada con traballo curricular, é dicir, meramente académico: fichas de repaso e reforzo de cada asignatura, que se pode ampliar ao longo da semana; entón, procurade botar unha ollada de vez en cando.
- Entre as actividades vanse distinguir dous grupos, 6º A, B e C, e 6ºD. Por que? Pois porque no grupo de 6ºD non se empregan libros de texto para as áreas de LC, LG e Matemáticas. Este grupo ten traballo específico da súa titora. Cada alumna e alumno atenderá ao apartado que lle corresponda.
- Tamén, cada día publícase unha entrada, ou dúas, cunha actividade ou tarefa que pode estar relacionada con calquera asignatura ou con varias ao mesmo tempo, pero sempre cun enfoque máis ameno e motivador. Por exemplo, "El misterio de las 7 puertas" ou o vídeo sobre o Muro de Berlín. Nestas actividades pode e debe participar todo o alumnado. Faran nelas ao longo da semana, con calma.
- Nalgunhas das entradas veredes que vai incrustado o debuxo dun lapis:
isto quere dicir que SÓ O ALUMNADO DE 6ºD ten que entregar este traballo para correxir polo medio que xa teñen asignado, na semana que corresponde. Mais o resto dos alumnos e alumnas poden facelo, sen problema.
- Ao final de cada entrada tedes a posibilidade de engadir algún comentario. Veredes que nalgunha actividade se vos pide facelo. Para iso, tedes que ter un enderezo electrónico para poder escribir. Debedes identificarvos para saber quen comenta, e recibiredes resposta en canto poida.
Espero que todas e todos vos atopedes ben de saúde, quizáis un pouco aburridos pero intentade buscar algo que vos alente cada día...cando vos deades conta, volveredes á vosa rutina.
ATENCIÓN: LICENZAS DE LIBROS DE TEXTO
Para poder facer un seguimento das diversas asignaturas, e poder organizar o traballo destas semanas, facilítanse as licenzas dos distintos libros de texto.
6ºD: ao non traballar cos libros de texto de Matemáticas, LC e LG, o material aportao a titora, así como cada tarefa que se vos indica nas distintas entradas deste blog. Continuade cos esquemas tipo visual thinking que xa comenzastes do tema 6 de CN.
Estas licenzas xa están adxudicadas a cada alumno por orde de lista. Coidado ao copiar pois se colledes o código doutro compañeiro/a non o pode volver utilizar.
- As actividades que se fagan estarán organizadas e secuenciadas polo profesorado.
- Podedes comezar con CS e os temas 3 e 4, coas actividades interactivas que ofrece o tema. Ao mesmo que o tema 6 de CN, para situarvos no contido.
6ºD: ao non traballar cos libros de texto de Matemáticas, LC e LG, o material aportao a titora, así como cada tarefa que se vos indica nas distintas entradas deste blog. Continuade cos esquemas tipo visual thinking que xa comenzastes do tema 6 de CN.
Estas licenzas xa están adxudicadas a cada alumno por orde de lista. Coidado ao copiar pois se colledes o código doutro compañeiro/a non o pode volver utilizar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






