xoves, 14 de maio de 2020

MUSEO NA CASA

Crea o teu museo online é unha iniciativa da Rede Museística Provincial de Lugo realizada durante o tempo de confinamento debido ao coronavirus COVID-19 e que ofrece como recurso escolar para traballar dun xeito práctico os conceptos de museo e identidade.

Xa que se tiveron que pechar as portas dos museos da Rede Museística, agora abriremos fiestras virtuais aos museos das nosas vidas, para contar e compartir os nosos propios relatos.

Estes días traballaredes na construción dos vosos museos persoais, cos recursos que teñades posibilidade de empregar. Porque tod@s somos museo e xunt@s podemos!

Construiredes o voso propio museo a partir das pezas e relatos que cada un de vós irá xuntando. Aproveitaredes o que tedes a man na casa, o que se ve pola ventá, o que nos contan por teléfono outr@s familiares ou amig@s, o que está resgardado no faiado, o que hai nunha álbume, etc., todo iso que vai relatar o que somos e o que fomos.

Itinerario Crea o teu Museo

Esta será a liña de traballo para elaborar o voso propio Museo persoal. O que a continuación se indica son elementos obrigatorios a incluír, e despois xa cada un decide que obxectos, recordos, lugares, persoas..., formarán parte desa construción do propio ser, da vosa propia personalidade, do que fóstedes, sodes e seredes.

1.- Que é un museo

Compartimos un vídeo no que se mostra un proxecto realizado polo colexio As Gándaras de Lugo en colaboración coa Rede Museística de Lugo. O eixo principal é o museo como relator de historias o que leva aos nenos e ás nenas a contar as súas propias historias e a crear os seus museos. Así pois, trátase da base da que parte esta actividade:



Estes son exemplos de Museos doutros nenos e nenas. Pódenvos servir para coller ideas.
Museo de Daniela          Museo de Maruxa           Museo de Mikel            Museo de COGA

Nestas presentacións vedes as fotos que escolleu cada persoa, aquelo que os representa, que os identifica. Na última, o Museo de COGA, son fotos das vistas que hai desde as súas fiestras.

Primeiro: Escollemos un obxecto que teñamos na casa e que nos represente. Esa vai ser a primeira peza do noso museo. Isto lévanos a reflexionar sobre que é o importante para cada persoa e sobre como as coleccións dos museos son testemuñas humanas.


2.- Profesións do museo

Quen traballa no museo? Que funcións leva a cabo?

  • persoal de recepción é o encargado de recibir @s visitantes e de atender as chamadas telefónicas. 
  • @s guías e @s auxiliares de sala dan información sobre as pezas e fan visitas e actividades didácticas para o público. 
  • Os e as responsables do Departamento de Catalogación son @ s encargad@ s de estudar as obras do museo. 
  • Cando chegan as pezas ao museo, @s investigador@s as estúdanas en profundidade. 
  • @s restaurador@s arranxan as pezas que están en mal estado, e coidan que todas as obras consérvense da mellor forma posible. 
  • Os nosos museos teñen biblioteca. O persoal responsable da mesma encárgase de coidar os libros e de facilitárllelos a todas as persoas que os queiran ler e consultar. 
  • O persoal dos departamentos de Comunicación e Difusión encárgase de compartir co público todas as noticias relacionadas co museo. 
  • @s director@s e xerentes dos museos coordinan e dirixen as tarefas de todas as persoas que traballan neles. 
  • Os e as encargadas de mantemento arranxan todos os danos que se producen no edificio do museo.
  • O persoal de limpeza coida que o museo estea sempre limpo. 
  • Os e as gardas de seguridade vixían de día e de noite que todo estea en orde no museo. 

Realizamos un debuxo que represente o recordo que temos dunha visita a un museo e despois explicámolo facendo fincapé no que sentimos durante esa visita e que foi o que máis nos gustou. Isto axúdanos a comprender que os museos son espazos de memoria.


3.- O retrato da familia

Que é un retrato? Que retratos familiares coñecemos?
Compartimos os das nosas familias e os nosos propios en foto ou debuxados.


4.- Paisaxe

A paisaxe é un tema moi estendido na Arte con variedade de técnicas e motivos, e que nos leva a vencellalo ao sentido de pertenza e de unión ao territorio.

As palabras museo e territorio van ligadas entre si e iso remítenos aos conceptos de patrimonio local, memoria colectiva e identidade local.

Patrimonio local ou territorial é o produto da evolución histórica dese mesmo territorio pero tamén, a imaxe que temos del, a nosa percepción. Non se trata, por tanto, dunha identidade individual senón, máis ben, dunha identidade colectiva polo que os museos deben ter en conta esa suma de diferentes identidades.

Os museos son de tod@s e cada mirada conta.

Inclúe no teu Museo unha paisaxe que forme parte dos teus recordos. Foto ou debuxo ben detallado.

5.- Museo do Mar

O mar como indutor de recordos (ou o río). Tiramos do fío do patrimonio familiar a partir das lembranzas das vacacións e da familia: a física (fotos, recortes, libros), a sensorial e a inmaterial (os relatos familiares).

Unha imaxe que lembre momentos agradables en contacto co ambiente acuático: mar ou río.


PROPOSTA DE TRABALLO
Despois de visualizar o vídeo e as presentacións, de ler o contido desta entrada, explicamos o que tedes que facer para que quede entendido:
  1. Crear un museo persoal.
  2. Pódese presentar de diversas maneiras, xa vístedes:
    • Presentación dixital: power point ou similar.
    • Maqueta.
    • Lapbook.
    • Grabación dun vídeo.
    • Mural.
  3. Nesta tarefa deben aparecer imaxes (fotos, debuxos), descrición desas imaxes (que é o que se ve ou representa), breves relatos explicando cada imaxe: que recordo supón, con quen estades, porque a escolléstedes, que sentides agora e que sentístedes ese día (mínimo 5 páxinas, fotos, debuxos...).
  4. Cando esté rematado, enviádeslla ao voso/a titor/a. Se fose unha presentación dixital ou vídeo o incluides nun correo electrónico, se fose unha presentación material, enviades fotos dela.
Data de entrega: antes do 21 de maio

É un traballo laborioso, tedes que buscar información e material. Facédeo a conciencia.

Gardade o traballo se o fixéstedes en cartolina ou lapbook ou calquera montaxe material, en canto poidamos pedirémosvos que a levedes polo cole.

domingo, 10 de maio de 2020

HISTORIAS SIN FINAL

Aquellos pobres fantasmas...cuento sin final

En este muro compartido de PADLET podréis realizar vuestras aportaciones y todos podremos verlas.





Os explico cómo hacerlo:






Primero debéis escuchar el audio que encontraréis en el muro. Después, pensad un final. Haced un borrador. Podéis presentar un documento escrito o un audio, como el mío. Debe ser coherente, claro y divertido.

A continuación, simplemente colocáis la flecha del ratón encima del muro, en el fondo azul, clicáis 2 veces seguidas y se abre un recuadro como el que ya está ahí.
En "Titulo" debéis indicar vuestro nombre. Si pincháis en los 3 puntitos (...) os sale un menú en donde encontraréis una flecha, pinchando en ella podréis subir el archivo que queráis.

  • Si lo hacéis por escrito, ojo con la letra y la ortografía. Podéis hacer un dibujo.
  • Si lo que hacéis es gravar un audio, hablad alto y claro, escucharos después y, si os gusta como queda, lo subís.


Si os colocáis encima de vuestro recuadro, sale una papelera, por si queréis eliminar, y un lápiz por si necesitáis volver a escribir algo. ¡¡¡No borréis ni toquéis los cuentos de los demás!!!.

Conforme se va llenando, podéis desplazar la pantalla azul del muro.

 ¡A contar se ha dicho!

Hecho con Padlet

ACTIVIDADES SEMANA 11 A 15 MAIO

Xa son moitas semanas traballando online e estades a facelo moi ben.

Lembrade visitar a páxina web do cole, facer os traballiños de Inglés, Música e EF, e entregar o que pidan.



6º A   e   6ºC

LUNS                  MARTES                  MÉRCORES                   XOVES                    VENRES

Mates                    Mates1                           *Mates                              Mates                           Mates
solucións               Mates2
                            solucións1
                            solucións2

LC                            LG1                                LC                                   LG                                 LC
                                 LG2                                                             rematar do martes


*CS                       *Plástica                           *CN                           Valores/Relix                        CS
                                                                                                                                                       xoga

*Plástica: realizar un debuxo, como neste exemplo, no que utilices as cores cálidas e frías. Procura un debuxo con simetría ou superposicións para facer a comparativa entre os colores. Máis exemplos: 1, 2, 3, 4.

*CS: se alguén non pode acceder, facer o ex. 33 da páx 70.

*Mates: en Savia Digital tedes asignado o traballo.

*CN: despois de ver o vídeo, tes que facer unhamontaxe cun circuito eléctrico. Non fai falta que sexa unha gran maqueta, pero búscalle unha función á pila e á lámpada ou motor. Enviar foto ou vídeo aos titores. Prazo: 1 semana.

Lembrade entregar aos titores os traballos que non sexan interactivos: fichas, redacións, plástica...






6ºD

LUNS                  MARTES                  MÉRCORES                   XOVES                    VENRES
Mates                    Mates                             Mates                              Mates                              Mates

LC                           *LG                                 LC                                 *LG                              LC
                                                                                                                                   A herdanza do marqués

CS                       *Plástica                             *CN                           Valores/Relix                       CS
                                                                                                                                                     xoga

*LG: ao rematar a actividade, picades en "Terminado", despois en "enviar mis respuestas a mi profesor", engadides os datos que vos pide e indicades o seguinte correo electrónico: coleactividades@gmail.com

*CS: se alguén non pode acceder, facer o ex. 33 da páx 70.

*Plástica: realizar un debuxo, como neste exemplo, no que utilices as cores cálidas e frías. Procura un debuxo con simetría ou superposicións para facer a comparativa entre os colores. Máis exemplos: 1, 2, 3, 4.

*CN: despois de ver o vídeo, tes que facer unhamontaxe cun circuito eléctrico. Non fai falta que sexa unha gran maqueta, pero búscalle unha función á pila e á lámpada ou motor. Enviar foto ou vídeo.  Prazo: 1 semana.

"A herdanza do marqués": o venres 15 de maio colgarei neste blog un cuestionario sobre este libro. Estará desde a mañá ata as 8 da tarde. Despois, retirarase para corrección.

_____________________________________________________________________________________
_____________________________________________________________________________________

CAMPO SEMÁNTICO

Vamos a practicar vocabulario...

...solo puedes escribir una palabra cada vez que entres en esta página.

Escribís la palabra, clicáis en "submit" y se irá formando una nube de palabras.

Hoy toca..... campo semántico de las flores.

Procurad no repetir demasiadas veces la misma flor!!



https://answergarden.ch/1221020





xoves, 7 de maio de 2020

XOGOS DE LÓXICA

SUMAR DIECIOCHO

Nada mejor que empezar por el juego del año que estamos viviendo  :-)) Es un juego de posición para dos jugadores. Pero se puede jugar individualmente. Para jugar solo necesitarás tres fichas de un color y un tablero con 11 casillas como el siguiente. Puedes construirlo en un periquete.
 

 
En las once casillas superiores irán los números del 1 hasta el 11, y en las casillas inferiores colocaremos las fichas. Objetivo La finalidad de este juego es conseguir  que la suma de los números con las tres fichas sea 18.

Reglas del juego:
  1. Cada jugador, por turno, irá poniendo una ficha en alguna de las casillas inferiores, con el propósito de que los números enfrentados con sus tres fichas sumen dieciocho.
  2. Si colocadas las tres fichas ningún jugador consigue la suma 18, irán cambiándolas por turno de casillas según les interese.
  3. Gana el jugador que consigue primero sumar 18.
  4. Si juegas una sola persona, deberás encontrar la misma solución.
Es un juego sencillo y divertido. Aquí ya podemos empezar a plantearnos algunas preguntas, de cara a una estrategia ganadora. ¿Crees que hay algún número que sea mejor que los demás para conseguir sumar 18? Puedes investigar qué pasaría si en tablero sólo aparecieran los números del 1 hasta el 9, y tuvieran que sumar 15.



 REALIZA LA FIGURA SIN LEVANTAR EL LÁPIZ DEL PAPEL



SOLUCIÓN

 

domingo, 3 de maio de 2020

ACTIVIDADES SEMANA 4 AO 8 MAIO

A por outra semana...lembrade pasar pola páxina do cole e facer as actividades que vos propoñan en Inglés (tamén tedes algunhas para entregarlle á teacher, atent@s), EF e Música.

6ºA e C



LUNS         MARTES        MÉRCORES       XOVES       VENRES

 Mates                    Mates                             Mates                               Mates                       Mates     
                                                                                                                                        enviar aos titores

LG                          LC                                LG                                      LC                            LG  
               audio                             proposta                               tamén                  


CS                      *Plástica                          *CN                           Valores/ Relixión                      *CS

Solucións: Mates luns    Mates martes
*CS:  páx 30 do libro: "Ponte a proba", "É hora de actuar!". Enviar aos titores

* CN: despois de botar unha ollada aos esquemas, xoga ao Pasapalabra da Materia e a Enerxía.

*Plástica: despois de ver o vídeo, a proposta é crear un maio. Pode ser un debuxo e collage ou pode ser unha estrutura en forma de cono e con adornos pegados (flores, folliñas, polas, xestas, que podedes facer con papeis e cartolinas, plastelina, reutilizando calquera material que teñades pola casa)


__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

6ºD



LUNS         MARTES        MÉRCORES       XOVES       VENRES

Mates                    Mates                             Mates                               Mates                        Mates     


*LG                               LC                                *LG                                   LC                           *LG  
   

CS                         *Plástica                          *CN                          Valores/ Relixión                *CS


*CS:  páx 30 do libro: "Ponte a proba", "É hora de actuar!". Enviar aos titores

* CN: despois de botar unha ollada aos esquemas, xoga ao Pasapalabra da Materia e a Enerxía.

*LG: é un traballo laborioso pero sei que podedes facelo moi ben!!

*Plástica: despois de ver o vídeo, a proposta é crear un maio. Pode ser un debuxo e collage ou pode ser unha estrutura en forma de cono e con adornos pegados (flores, folliñas, polas, xestas, que podedes facer con papeis e cartolinas, plastelina, reutilizando calquera material que teñades pola casa)



ESCRIBE TI O GUIÓN DESTA AVENTURA

Non sei se coñecedes os debuxos animados de "A pantera rosa". Son moi curiosos xa que a súa protagonista é unha pantera de cor rosa, que non fala e que ten unha gran habilidade para meterse en leas.

Déixovos un dos seus miles de capítulos para despois facer un traballiño...Atendede!!!



Agora, lede ben o que tedes que facer...





PROPOSTA:




  1. Volvede ver a curta e ide facendo un borador do que vai acontecendo.
  2. Narrade a historia deste episodio, o que vai sucedendo.
  3. Seguide a orde dos acontecementos, é longa, pero podedes facelo.
  4. Este traballo de narración supón dedicación pois non sería suficiente con contar "por riba" o que pasa. Tedes que contar todo o que se vai desenvolvendo neste capítulo.
  5. A lonxitude do traballo, por tanto, non é medio folio nin unha cara dun papel.
  6. Non é contar un resumo da curta, trátase de CONTAR A HISTORIA QUE ESTADES A VER.
  7. Como esta tarefa ten certa complexidade, tedes toda a semana para facela.
  8. Escribide en galego, correxide a ortografía, consultade dicionarios, empregade sinónimos, antónimos...procurade vocabulario variado, non vos repitades na escrita. Nada de borranchóns. É dicir, dedicádelle tempo.
  9. Cando xa teñades toda a historia, pasádea a limpo e enviádesma. Quero dicir con isto que teredes que traballar sobre un borrador e non enviar o primeiro que se vos pase pola cabeciña.
Data límite de entrega: venres 8 de maio.                                                       A escribir, narradores!!!

sábado, 2 de maio de 2020

XOGAMOS UN POUCO...

....que non todo é traballar.

Xogando tamén se aprende!!! Exercitamos o razoamento lóxico, a orientación espacial, o cálculo, desenvolvemos as estratexias de resolución de problemas (porque problemas non son só os de matemáticas), adestramos un pouco máis a paciencia...

Estes están no blog da Biblio, pero déixovos aquí os enlaces para que pasedes directamente.

XOGOS INTERACTIVOS: aforcado, sopa de letras, relacionar títulos cos libros.

PASATEMPOS MATEMÁTICOS: aquí tedes unha chea deles: encricillados, problemas, triángulo máxico...

SUDOKUS

QUEBRACABEZAS: e podedes escoller o número de pezas e unha grna variedade de imaxes.


Pasádeo moi ben!!