Déixovos os pasos para facelo sen problema, pois non se pode votar directamente no muro, sen máis.
Tedes que escoller 5 receitas entre todas as publicadas (o muro PADLET está ao final desta entrada).
A opción é valorar con estrelas, do 1 ao 5. Debedes darlle un valor a cada unha das receitas desde o 1 ata o 5. É dicir, unha receita levará unha estrela, outra 2, outra 3, outra 4 estreliñas e outra as 5. Non se repiten valores entre as que escollades.
Ao final da semana farei reconto para saber cales son as 5 gañadoras.
RECOMENDACIÓN: Dádelle un repaso as vosas receitas xa que poderán saber moi ben, pero as faltas de ortografía quedan moi mal. Aproveitade a corrixir e que quede todo presentable. Cada un que revise a súa receita.
Pasos para votar:
MURO DE PADLET