Os contos gústannos a todas e a todos, e os contacontos tamén... o malo é cando estás a escoitar pero non entendes nada de nada.
Pasoume con este relato, partinme de risa co que escoitaba, pero asegúrovos que non entendín nin media palabra.
Tédesme que axudar, porque cando queira poñerlle este contacontos aos peques de primeiro ou segundo na Biblioteca, non sei se o entenderán.
Estades todas e todos convidados a participar!!
PROPOSTA:
Escoitade atentamente o conto. Veredes que non está nun idioma, ou en todos xuntos... que cousa!!!
Durante uns 2 minutos vanvos a contar unha historia donde vós tedes que imaxinala. Logo, inventade unha historia pero SEMPRE tendo e conta o que "di" a narradora. Coas vosas palabras!!
Cal é a clave?
Os xestos.
Os sons.
O ton da voz e o volume.
Cando a teñades, enviádema (coleactividades@gmail.com) e faremos unha exposición de contos.
Veredes como cada un ten unha interpretación distinta do que ve e escoita.
Quen se atreva a facelo en vídeo, levará un diploma especial: "Contacontos oficial virtual"
Esta semana unificamos horario e compartimos as mesmas actividades 6ºA, C e D.
Lembrade pasar pola páxina do cole para realizar as actividades de INGLÉS, MÚSICA e/ou EF.
Xa son dous meses na casiña, co estado de alarma, confinados pero con certos cambios: paseos, ver a amigos e familiares, tomar un refresco. Lévase doutro xeito, pero POR FAVOR, SEMPRE CON PRECAUCIÓN.
*CN: Despois de ver o vídeo, tócavos construír algo empregando un electroimán, ou explicar como funciona. Tedes que facer un vídeo e envialo. Prazo: 1 semana.
Lembrade enviar os traballos ao voso titor ou titora. No caso de 6ºA, ao titor/a que vos corresponda.
Imaxinácheste algunha vez que sería realmente vivir
durante a Guerra de Independencia, que pasaría na corte de Isabel II, ou como serían
as casas da xente en España durante o século XIX? Se non o fixeches, vaite
poñendo!
Hoxe toca converterse en periodistas.
Primeiro tes que escoller un suceso do vídeo que viches
hoxe en sociais que che resultara interesante. Logo has de pensar como sairía
publicada esa noticia nun xornal da época. E, por fin, vala escribir como se ti
estiveras vivindo ese momento.
Como?
Unha vez teñas decidido o suceso sobre o que queres
escribir, fai un esquema no que respondas estas preguntas:
-Que pasou?
-Onde pasou?
-Quen participou?
-Cando pasou?
-Por que pasou?
A continuación toca meterse coa redacción da noticia.
Para iso entra nesta páxina web:
1.Name of the
newspaper: Inventa o nome do xornal no que sairía publicada esta noticia.
2.Date: Escolle a data de
publicación.
3.Headline: Escribe un
titular que recolla o máis importante do suceso (4 ou 5 palabras, senón non
colle).
4.Enter your story: Redacta a
noticia, e se o precisas, inventa algún dato máis e engádeo. (max. 150 palabras)
Ao
rematar de escribir non te esquezas de revisar a ortografía e que o que
escribiches se entenda ben.
Para finalizar pincha en generate para xerar a túa historia en formato xornal, e despois en download your image para descargala.
Failla chegar á túa/ ao teu profe por correo electrónico.
Crea o teu museo online é unha iniciativa da Rede Museística Provincial de Lugo realizada durante o tempo de confinamento debido ao coronavirus COVID-19 e que ofrece como recurso escolar para traballar dun xeito práctico os conceptos de museo e identidade.
Xa que se tiveron que pechar as portas dos museos da Rede Museística, agora abriremos fiestras virtuais aos museos das nosas vidas, para contar e compartir os nosos propios relatos.
Estes días traballaredes na construción dos vosos museos persoais, cos recursos que teñades posibilidade de empregar. Porque tod@s somos museo e xunt@s podemos!
Construiredes o voso propio museo a partir das pezas e relatos que cada un de vós irá xuntando. Aproveitaredes o que tedes a man na casa, o que se ve pola ventá, o que nos contan por teléfono outr@s familiares ou amig@s, o que está resgardado no faiado, o que hai nunha álbume, etc., todo iso que vai relatar o que somos e o que fomos.
Itinerario
Crea o teu Museo
Esta será a liña de traballo para elaborar o voso propio Museo persoal. O que a continuación se indica son elementos obrigatorios a incluír, e despois xa cada un decide que obxectos, recordos, lugares, persoas..., formarán parte desa construción do propio ser, da vosa propia personalidade, do que fóstedes, sodes e seredes.
1.- Que é un museo
Compartimos un vídeo no que se mostra un proxecto realizado polo colexio As Gándaras de Lugo en colaboración coa Rede Museística de Lugo. O eixo principal é o museo como relator de historias o que leva aos nenos e ás nenas a contar as súas propias historias e a crear os seus museos. Así pois, trátase da base da que parte esta actividade:
Estes son exemplos de Museos doutros nenos e nenas. Pódenvos servir para coller ideas.
Nestas presentacións vedes as fotos que escolleu cada persoa, aquelo que os representa, que os identifica. Na última, o Museo de COGA, son fotos das vistas que hai desde as súas fiestras.
Primeiro: Escollemos un obxecto que teñamos na casa e que nos represente. Esa vai ser a primeira peza do noso museo. Isto lévanos a reflexionar sobre que é o importante para cada persoa e sobre como as coleccións dos museos son testemuñas humanas.
2.- Profesións do museo
Quen traballa no museo? Que funcións leva a cabo?
persoal de recepción é o encargado de recibir @s visitantes e de atender as chamadas telefónicas.
@s guías e @s auxiliares de sala dan información sobre as pezas e fan visitas e actividades didácticas para o público.
Os e as responsables do Departamento de Catalogación son @ s encargad@ s de estudar as obras do museo.
Cando chegan as pezas ao museo, @s investigador@s as estúdanas en profundidade.
@s restaurador@s arranxan as pezas que están en mal estado, e coidan que todas as obras consérvense da mellor forma posible.
Os nosos museos teñen biblioteca. O persoal responsable da mesma encárgase de coidar os libros e de facilitárllelos a todas as persoas que os queiran ler e consultar.
O persoal dos departamentos de Comunicación e Difusión encárgase de compartir co público todas as noticias relacionadas co museo.
@s director@s e xerentes dos museos coordinan e dirixen as tarefas de todas as persoas que traballan neles.
Os e as encargadas de mantemento arranxan todos os danos que se producen no edificio do museo.
O persoal de limpeza coida que o museo estea sempre limpo.
Os e as gardas de seguridade vixían de día e de noite que todo estea en orde no museo.
Realizamos un debuxo que represente o recordo que temos dunha visita a un museo e despois explicámolo facendo fincapé no que sentimos durante esa visita e que foi o que máis nos gustou. Isto axúdanos a comprender que os museos son espazos de memoria.
3.- O retrato da familia
Que é un retrato? Que retratos familiares coñecemos?
Compartimos os das nosas familias e os nosos propios en foto ou debuxados.
4.- Paisaxe
A paisaxe é un tema moi estendido na Arte con variedade de técnicas e motivos, e que nos leva a vencellalo ao sentido de pertenza e de unión ao territorio.
As palabras museo e territorio van ligadas entre si e iso remítenos aos conceptos de patrimonio local, memoria colectiva e identidade local.
Patrimonio local ou territorial é o produto da evolución histórica dese mesmo territorio pero tamén, a imaxe que temos del, a nosa percepción. Non se trata, por tanto, dunha identidade individual senón, máis ben, dunha identidade colectiva polo que os museos deben ter en conta esa suma de diferentes identidades.
Os museos son de tod@s e cada mirada conta.
Inclúe no teu Museo unha paisaxe que forme parte dos teus recordos. Foto ou debuxo ben detallado.
5.- Museo do Mar
O mar como indutor de recordos (ou o río). Tiramos do fío do patrimonio familiar a partir das lembranzas das vacacións e da familia: a física (fotos, recortes, libros), a sensorial e a inmaterial (os relatos familiares).
Unha imaxe que lembre momentos agradables en contacto co ambiente acuático: mar ou río.
PROPOSTA DE TRABALLO
Despois de visualizar o vídeo e as presentacións, de ler o contido desta entrada, explicamos o que tedes que facer para que quede entendido:
Crear un museo persoal.
Pódese presentar de diversas maneiras, xa vístedes:
Presentación dixital: power point ou similar.
Maqueta.
Lapbook.
Grabación dun vídeo.
Mural.
Nesta tarefa deben aparecer imaxes (fotos, debuxos), descrición desas imaxes (que é o que se ve ou representa), breves relatos explicando cada imaxe: que recordo supón, con quen estades, porque a escolléstedes, que sentides agora e que sentístedes ese día (mínimo 5 páxinas, fotos, debuxos...).
Cando esté rematado, enviádeslla ao voso/a titor/a. Se fose unha presentación dixital ou vídeo o incluides nun correo electrónico, se fose unha presentación material, enviades fotos dela.
Data de entrega: antes do 21 de maio
É un traballo laborioso, tedes que buscar información e material. Facédeo a conciencia. Gardade o traballo se o fixéstedes en cartolina ou lapbook ou calquera montaxe material, en canto poidamos pedirémosvos que a levedes polo cole.