xoves, 30 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA DANZA

En homenaxe a unha arte moi moi antiga...

Todos a bailar!!!                           Desfrutade desta ponte de Maio!!!


mércores, 29 de abril de 2020

A AUTOESTIMA: VALOR NECESARIO

VALORES CÍVICOS Y SOCIALES
(para entregar a tutores)

Una historia tan inspiradora, donde encontrar tu verdadero valor como persona.

Una frase genial de este cortometraje es: "Tienes una ventaja: cuanto mayor es la lucha, mas glorioso es el triunfo".

Si necesitas mejorar tu autoestima presta atención a la historia y reflexiona sobre ello:

¡ANIMO! NO TE IMAGINAS CUANTO POTENCIAL TIENES

Dejo la sinopsis aquí: Un circo pequeño en plena depresión americana encuentra a un joven sin extremidades que participaba en una exhibición de rarezas. El director del circo y el valor del joven logran que éste descubra su auténtica dignidad como persona.

Tiene subtítulos, atención a la lectura.



Después de ver el corto, contesta a las siguientes preguntas.

Debes argumentar correctamente tus respuestas, justificar tus aportaciones, explicarte coherentemente.

Por favor, ¡¡revisa la ortografía!!

  1. ¿Que diferencias destacarías entre el circo en donde se encontraba el hombre mutilado y el circo al que se escapó?
  2. ¿Cómo se sentía ese chico, sin miembros superiores ni inferiores, ante lo que veía o lo que le decían o hacían otras personas?
  3. El dueño del circo de La Mariposa le dijo, cuando fue a verlo, que era maravilloso, ¿por qué? 
  4. Sin embargo, el chico mutilado le escupió, ¿por qué creer que lo hizo? 
  5. Las personas que trabajan en el circo de La Mariposa tuvieron un pasado muy diferente pero sobre todo con dificultades. Explica cada personaje y su desagradable pasado, teniendo en cuenta lo que vemos en el corto.
  6. Según lo que has visto, describe al dueño del circo de La Mariposa, no solo su aspecto físico sino haciendo hincapié en su forma de ser.
  7. El niño tiene una oruga en fase de metamorfosis. Al salir la mariposa del capullo, todos se reúnen para ver como se marcha volando. ¿Cómo se sienten los personajes ante este espectáculo de la Naturaleza?
  8. Esta secuencia supone una moraleja. ¿Cuál crees que será el mensaje que se nos transmite?
  9. Según tu opinión, ¿por qué el circo se denomina "El circo de la Mariposa"?
Contesta de forma ordenada cada cuestión.









CON LA ORTOGRAFÍA A TODAS PARTES

En este enlace de la Biblio del cole, podréis entrar en una página que os permitirá practicar una parte de la ortografía, recordar conceptos, a veces básicos, pero necesarios para mantener una buena presentación de los trabajos, ya que la ortografia siempre será la primera en delatar a una persona que escribe bien o mal.

Practicad cuanto queráis.

Recordad que tenemos más entradas en este blog con otras actividades de repaso: ortografía en gallego, de geografía, el trivial de mates...., siempre viene bien reforzar conceptos que a veces damos por aprendidos.




martes, 28 de abril de 2020

CAPITALES DEL MUNDO

Capitales del mundo
Pon a prueba tus conocimientos...¡atenta! ¡atento!

Clicáis en la primera imagen y seguís las instrucciones que están a continuación.
  1. Pincháis en "PRÁCTICA", y os aparece una pestañita en la que debéis dar a "JUGAR".
  2. Salta una ventana que os pide registrarse, vosotros os vais abajo y le dais a "SKIP FOR NOW"
  3. En la pantalla que se os abre, clicáis en "JUGAR CUESTIONARIO" y listo!!





luns, 27 de abril de 2020

AS VOSAS HISTORIAS A PARTIR DE TÍTULOS

No blog da Biblioteca podedes atopar todas as vosas creacións, as que foron chegando ata o de agora.

Por exemplo:





Máis aquí e acolá!!


NOTICIA DE ACTUALIDADE

La ciencia más extrema del planeta

Lee la noticia (clica en la foto):

                Después de la lectura, realiza las siguientes actividades:    
  1.  Contesta a las preguntas qué, quién, cuándo, cómo, dónde, por qué.
  2. ¿Qué tipo de vehículo utilizan para recorrer esas zonas de la Antártida? Descríbelo y haz un dibujo.
  3. Nos comentan cuantos kilómetros recorrieron en 52 días, ¿cuántos habrán recorrido cada día?
  4. ¿Qué condiciones climáticas se encontraron cuando llegaron a su destino helado en la Antártida?
  5. "Fue mentalmente un momento muy complicado". ¿Qué quieren decir con esta expresión los aventureros?
  6. Busca información sobre el sexto continente: dónde se encuentra, características, se ha visitado en otras ocasiones, qué o quién está ahora por allí, curiosidades que quieras comentar...
  7. ¿En qué sección del periódico estaría este tipo de noticia?









domingo, 26 de abril de 2020

sábado, 25 de abril de 2020

ACTIVIDADES SEMANA 27 AO 30 ABRIL

Outra semana máis, pero desde outro punto de vista, xa que agora podedes saír un pouquiño. Temos un día festivo, aínda que non se note moito...o 1 de maio!

Merecedes tantos aplausos polo voso gran esforzo, a vosa paciencia e a valentía que estades a amosar... que aí vos van de parte dos titores:


aplausos


Seguimos con reforzo e repaso. Ánimo!!!

6ºA e C

LUNS        MARTES        MÉRCORES       XOVES       VENRES 


Mates                        Mates                            * Mates                               Mates                      Festivo
solucións                   solucións

 LC                            LG                                    LC                                    LG                       Festivo      
máis            

*CS                          Plástica                            CN                            Valores/ Relixión           Festivo   


As asignaturas que teñen * tedes que mirar por aquí abaixo o que debedes facer

* O traballo de plástica, enviádelle unha foto ao correo do/a voso/a titor/a.
As sombras, no caso de choiva, poden ser na casa,aproveitando as diferentes luces das ventanas ou lámpadas.

* Enviade a resposta destes acertixos matemáticos, tamén.

*CS: Libro dixital, tema 4, páxina 86. Lectura do contido e exercicios do 25 ata o 28. Enviádello ao voso/a titor/a.





6ºD



LUNS         MARTES        MÉRCORES       XOVES       VENRES

Mates                    Mates                             Mates                               *Mates                       Festivo     


 LC                        LG                                  LC                                       LG                        Festivo       


*CS                       *Plástica                         CN                             Valores/ Relixión              Festivo


As asignaturas que teñen * tedes que mirar por aquí abaixo o que debedes facer


*CS: Libro dixital, tema 4, páxina 86. Lectura do contido e exercicios do 25 ata o 28
* Plástica: enviade a imaxe. As sombras, no caso de choiva, poden ser na casa,aproveitando as diferentes luces das ventanas ou lámpadas.
* Enviade a resposta aos acertixos matemáticos.

Co libro "A herdanza do marqués" faremos unhas actividades entre os días 12, 13 e 14 de maio, máis ou  menos.





xoves, 23 de abril de 2020

LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVALHO CALERO

A Carvalho Calero están adicadas as Letras Galegas deste ano 2020. Escritor pero sobre todo poeta.
Podedes ir coñecendo un pouco máis sobre a súa obra, sobre todo, o teatro, a maior das súas afeccións.






mércores, 22 de abril de 2020

MIS ZAPATOS

Na actual sociedade tendemos a vivir moi rápido, intentando obter todo o que queremos sen reparar en moitas ocasións no que nos rodea.

Neste vídeo, atoparedes dúas persoas distintas, con diferentes formas de ver e vivir a vida. Pero sobre todo, ollade a un deles como se deixa levar polo que observa a primeira vista, polas aparencias, valora o que ten o compañeiro sen coñecer nada máis...

Ás veces non é ouro todo o que refulxe.


Despois de visionar este corto, reflexiona e pensa nesas ocasións en que desexaches ter algo que tiña outras persoa, ou cando conseguiches algo que querías e ao final non era para tanto o seu valor.




PROPOSTA:

 Para a área de Valores Cívicos e Sociais


Despois de repensar, escribe unha carta.

Imaxínate no lugar do neno minusválido e entéraste de que o outro neno que ser coma ti. Diríxelle as túas palabras a facerlle entender que ás veces, ou case sempre, non se disfruta de todo o que se quere e non se está nas condicións que se queren. Que aceptarse a un mesmo é o primeiro paso e cada un debe afrontar as dificultades da mellor maneira posible. Aconséllale algunha solución que podería facer para aliviar a súa situación de necesidade, pero insistindo en que a súa é unha necesidade material e non de saúde.

Creo que queda explicado cal é a finalidade da túa carta. Calquera dúbida, remítema.

Lembra a estrutura dunha carta:
  1. Lugar e data                                                            En galego, por favor
  2. Saúdo
  3. Corpo da carta
  4. Despedida
  5. Sinatura


AS VOSAS MARABILLOSAS CREACIÓNS DE PAPIROFLEXIA

Eiquí están algunhas das vosas creacións, SON MARABILLOSAS!!!

Animádevos os que faltades... así escoitaredes as vosas voces.





























PENTOMINÓS

Sabes que son os pentominós? Voucho explicar.

Son 5 pezas, exactamente 5 cadrados unidos por algúns dos seus lados entre si, formando pezas distintas.

Son estes os que existen:


Manipular estas pezas supón un xogo similar ao tangram, xa que con eles podes deseñar diversas figuras.

No seguinte enlace poderás acceder a unha páxina que che propón varios retos. Con este xogo desenvolves o razoamento lóxico, a orientación espacial, resolución de casos e búsqueda de alternativas.

https://vedoque.com/juegos/matematicas/pentomino/



martes, 21 de abril de 2020

luns, 20 de abril de 2020

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES

No seguinte corto o protagonista é un gran amante dos libros, ademais de escritor. Dase conta do gran valor que teñen, do que se pode chegar a conseguir a través deles.






PROPOSTA




Despois de ver o corto completo, reflexiona sobre o que viches. Logo, escribe enumerando as distintas situacións polas que pasa o protagonista gracias aos libros.

  • Procura seguir a orde das secuencias. 
  • Se é preciso, volve ver o vídeo e fai anotacións, como un borrador.
  • Procura enviar o traballo con boa letra, boa ortografía, con coherencia e claridade. REVÍSAO!!
Recoméndoche que o vexas con calma, pensando, relacionando o que conta coas imaxes, empatizando co protagonista, é dicir, pensar e sentir como pensaría e sentiría el.

Ao rematar a túa tarefa, a continuación, inclúe unha imaxe (pode ser debuxada por ti ou co ordenador, ou ben sacada dalgunha páxina web) onde un libro sexa o centro de atención, o protagonista dese debuxo.




AS VOSAS TARXETAS PARA ESCACHAR A RIR

Chéganme as vosas creacións, e son moi molonas...


Alba, 6ºD


Diego 6ºD


Uxía 6ºA


Carlos 6ºD


Paula 6ºD

domingo, 19 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE...COMEZAMOS Semana 20-24 ABRIL

Comezamos o 3º trimestre reforzando o coñecido, ampliando os vosos coñecementos e desenvolvendo novas habilidades.

Aínda que está separado por cursos os contidos curriculares, as actividades son similares. 

En canto ás propostas que saen no blog, todas e todos podedes e debedes facelas xa que sempre aprenderedes algo novo, veredes algo distinto e farédelo doutra maneira, co que xa iredes "medio adestrados" para o insti.

Lembrade visitar a páxina do cole para realizar as tarefas de Inglés, Música, Relixión (os que a tedes) e EF. Tamén tedes propostas interesantes e divertidas no blog da biblioteca, "Trasnos e trasnadas"

E tamén podedes participar naquelas que, sendo un pouco máis de entretemento, se vos pide enviar unha foto ou vídeo. Así todos disfrutaremos da vosa creatividade e poderedes "ver virtualmente" os vosos traballos, escoitar as vosas voces. Animédevos, é sinxelo e divertido.


AVISO: O material para 6ºB a partires de agora enviarase por correo electrónico ás familias



6ºA e C


LUNS        MARTES        MÉRCORES       XOVES       VENRES

Mates                    Mates                           Mates                               Mates                       Mates


LG                        LC                                LG                                     LC                            LG


CS                       * Plástica                        *CN                             Valores/ Relixión             CS


Solucións                Solucións mates            solucións mates
Mates                          

As asignaturas que teñen * tedes que mirar por aquí abaixo o que debedes facer





 6ºD

Comezamos o terceiro trimestre organizándonos un pouco. tedes un horario coas sesións para toda a semana, picando en cada asignatura xa vos leva á actividade. Algunhas aínda están en preparación, pois iso non abren. Outras explicanse e explicaranse máis abaixo.

Procurade ter un horario cómodo, para vós e a vosa familia. Enviade todas as tarefas para revisalas (as que sexan para corrixir, xa que outras son interactivas). Non vos esquezades das outras tarefas do lapiz amarelo , que tamén deben enviarse. Se sodes constantes, isto será moi fácil, se o ides deixando... acabaredes por acumular o traballo sen necesidade.

 Rexistrádevos nos libros dixitais, en Savia digital: en CS, CN, Mates, LG e LC.

Para o libro "A herdanza do marqués" tedes 3 semanas a partires de hoxe para ler. Despois faremos algunas actividades.


      Ánimo!!!      Un día máis é un día menos


LUNS        MARTES        MÉRCORES       XOVES       VENRES

Mates                    Mates                           Mates                               Mates                       Mates


LG                        LC                                LG                                     LC                            LG


CS                       * Plástica                        *CN                             Valores/ Relixión            *CS


As asignaturas que teñen * tedes que mirar por aquí abaixo o que debedes facer

* Para PLÁSTICA: ides deseñar un cartel para o voso nome, a modo de graffitti. Tamaño folñio, A4, e empregando o material axeitado: regra, transportados, compás, etc, para que o debuxo quede ben feito. En canto aos colores, os que queirades e empregade os que consideredes: rotuladores, ceras, lápices, acuarelas... Enviade o traballo.



Tamén tedes a entrada "Novas historias a partires de títulos" para ir preparando... ao longo da semana, máis curiosidades.

*CN: unha vez rexistrados, entrade no libro dixital de CN, ides á pestana "Recursos interactivos" e atoparedes isto:


Realizade as seguintes actividades da unidade 1:

  • Ponte a punto: Que sabes dos seres vivos?
  • Practica: As partes da célula, Niveis de organización e Por que os fungos non son plantas.
Cando rematades teñen a opción de gardar, corrixir, ver as respostas... Vós gardade, correxide, e así saberei se pasástedes por elas.
Próximamente vos enviarei  os códigos para unirse aos grupos de cada libro.

*CS: entrade no libro dixital, na unidade 1. Realizade:
  • Ponte a punto: Que sabes sobre as paisaxes de España?
  • Practica: As cordilleiras.
  • Repaso

xoves, 16 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA ARTE

Invítovos e anímovos a que vos pasedes polo blog da biblioteca, Trasnos e trasnadas, pxa que hai unha proposta moi boa para conmemorar o Día Muindial da Arte.

Eu xa estou pensando na miña....

Ide, ide...pica aquí



mércores, 15 de abril de 2020

MANUALIDADES PARA XOGAR E RIR

As manualidades non son o tema preferido de todos, pero axuda a levar mellor estes días de confinamento. E a escorrentar o aburrimento... Non todo vai ser facer Mates ou Lingua, hehe!!



Buscacacas



Arco da vella 
se non tedes papeis de cores, pintade algúns



martes, 14 de abril de 2020

ANUNCIOS POR PALABRAS

Non sei se coñecedes o libro de Agustín Fernández Paz, "Contos por palabras", contén dez relatos moi distintos entre si, pero cunha orixe común: naceron a partir dalgún anuncio por palabras que se atopan nos xornais, apostando pola fantasía e o humor.

Déixovos un deses relatos, a modo de exemplo, para que vos inspiredes e disfrutedes. Despois, tócavos afinar o inxenio.


"O CASO DO ESTRAÑO EMPREGADO"


-...
- Boas noites, don Pedro. Perdoe que o moleste a estas horas, pero é para dicirlle que hoxe pasei todo o día facéndolles as entrevistas ós candidatos que se presentaron para o posto de representante. Mañá a primeira hora heille mandar por mensaxeiro un informe co resumo de todas elas.
-...
- Aínda houbo ben deles. Presentáronse doce. Só hai uns minutos que acabei co último.
-...
- Pois, se quere que llo adiante xa, na miña opinión hai un candidato que merece o posto moi por riba dos outros. Paréceme que encaixa á perfección co que necesitamos.
-...
- Si, xa me alegrei eu tamén. Neste oficio non é nada doado atopar as persoas idóneas.
-...
- É que algún problema si que hai. Por iso o chamaba, para lle consultar.
-...
- Verá, non sei como dicirlle. Pero é que me atopei un pouco estraño mentres falaba co derradeiro candidato.
-...
- Mire, a cousa xa non empezou dun xeito normal. Díxenlle por teléfono que o recibiría ás catro, e el insistiu en que o pasase para o final, para as oito, cando xa vai vencido o día.
-...
- Si. xa sei que iso non ten nada de raro. Mesmo podería ser que tivese agora outro traballo e non quixese faltar unha tarde a el.
-...
- Pero é que logo, xa no despacho, pediume que pechase as persianas, que lle molestaba a pouca luz que entraba. E abofé que debe ser certo que lle molesta, porque estaba pálido, dispensando, como calquera dos nosos clientes.
-...
- Claro que hai de todo entre os nosos clientes, don Pedro! É que non me expliquei ben. Referíame ós pobres finados, ós que ocupan os nosos ataúdes.
-...
- Ai, amable si que era, e máis ben. Notábaselle que vén de boa xente. Mesmo me falou dun conde que houbera na súa familia, ou algo así.
-...
- Non, que va! El dicía que o soldo era cousa secundaria. Que estaba disposto a cobrar algo menos, coa condición de que lle deixasemos pasar a noite no almacén noso. Que seica está afeito a durmir en sitios así.
-...
- E logo por que me pregunta pola roupa, don Pedro? Pois mire, viña todo de negro, agás o forro da capa, que era vermello. Porque lle traía unha capa, sabe, desas tan elegantes que aínda levan algúns deses personaxes que saen nas revistas.
-...
- Siii! Pero, como sabe todo iso, don Pedro? Xusto como vostede di! Tiña dous dentes algo máis longos, que ben se vían cando sorría. Xa me chamaron a min a atención, non vaia pensar.
-...
- Acento estranxeiro? Pois agora que o di... Falaba ben a nosa lingua, pero é verdade que tiña un aquel... Díxome que pasara unha longa tempada en...xa non me lembro ben. Un país deses que andan agora tan revoltos, [...] Chequia ou Romanía... A miña memoria non ten remedio, xa sabe que para isto dos nomnes son un desastre.
-...
- Si, anda polo almacén. Díxome que quería ver os ataúdes que fabricabamos. Eu, por min, a verdade é que xa apalabraba hoxe o emprego con el.
-...
- Non me chame esas cousas, don Pedro! Eu xa sei que moi listo non son, pero tampouco non é para que se poña así comigo.
-...
- Un vampiro!!! E di que atacan pola noite??? Que cravan os dentes na garganta e logo zugan no sangue da víctima??? Por iso miraba tanto para o meu pescozo, que ata me gabou!!!
-...
- Don Pedro!  Que se foi a luz!  Non vexo nada... Segue vostede aí, don Pedro?... Están abrindoa a porta! Hai unha sombra, agora vexo o vermello da capa!... Don Pe.....!!!!!
-...
- CLICK


Agora tócache a ti!!

PROPOSTA:

  • Dos seguintes anuncios por palabras, escolle un deles.
  • Fíxate no que di e nas súas características.
  • Pensa en posible historias. Escribe un borrador.
  • Comeza a túa historia. Procura que sexa coherente, fantasiosa e cómica.
  • Revisa a ortografía cando remates.

O alumnado de 6ºD, o tedes que enviar antes do venres



TARXETAS PARA ESCACHAR DE RISA

Cando as teñades feitas, gustaríame poder velas...podedes enviar a vosa foto a

coleactividades@gmail.com

Ánimadevos, vennos moi ben algo de risa!!!


RESUMO DUN CORTO

Despois de ver o corto, fai un resumo. Lembra:
  • Idea principal
  • Ideas secundarias
  • Une todo e relata con coherencia e sentido.
  • Revisa a ortografía.


REPASO MATEMÁTICAS E LC

Esta semana faremos un repasiño...e pouco apouco irémonos metendo en materia nova.

Comezamos con mates:

Multiplicar por nº seguidos de ceros   pincha

Divisiones   pincha

Jerarquía de operaciones    pincha

Multiplicar decimales   pincha

Comparar fracciones     pincha


Algo de lectura:

El regalo de la gallina     pincha

Algo de ortografía     pincha

ÁNIMO...UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS!!!

luns, 13 de abril de 2020

COMPRENSIÓN LECTORA

Ola. Voltamos á rutina. Imos comezar cunha lectura, en castelán, e cuestións relacionadas con ela. Ánimo...cada día queda un día menos...

venres, 10 de abril de 2020

O CHÍO DAS AVES

A primavera. os raios de Sol agromando polo ceo, a chuvia de Abril. Mais, supoño que vos destes conta dos paxaros, do seu canto, dos seus chíos, máis intensos que outros anos...

...ou será que o silencio e a quietude, pola falta de movemento, son os que permiten que os escoitemos con tanta claridade?

Sexa como sexa, agora podedes ter as aves máis pretiño. Se clicades na imaxe lévavos a unha páxina onde poderedes  picar en cada unha delas e escoitalas, ademais de coñecer o seu nome.

Tamén poderedes saber algo máis doutros tipos de animais dos ríos.




mércores, 8 de abril de 2020

GRADO 56

Xogo tipo Trivial: para dúas persoas ou equipos, pero se non tes con quen, podes xogar ti doblemente.

Proba, a ver cantas acertas...e ánimo, xa queda menos!!




sábado, 4 de abril de 2020

NOVO RETO DO TRES EN RAIA

Xa non sabes a que xogar?

Pasaches todos os niveis do novo xogo da videoconsola?

Os xogos de mesa xa te aburren?

Pois vámoslle dar un pequeno cambio...

Xogar ao tres en raia...pero doutro xeito...

ANÍMASTE??? 

picade na imaxe e veres o vídeo



venres, 3 de abril de 2020

MES DO LIBRO

Este mes de abril é o Mes do Libro, e desde a Biblioteca fannos unha proposta moi interesante e divertida...

Ollade, ollade..


AS GRANDES GUERRAS DA IDADE CONTEMPORÁNEA

Achegamos uns vídeos para lembrar causas e consecuencias das guerras máis destacadas desta idade. Un último repaso a esta Idade con visionados sinxelos.

Revolución francesa


 Revolución Industrial


I Guerra Mundial


II Guerra Mundial


Guerra Civil Española

xoves, 2 de abril de 2020

VIAXANDO COA XEOGRAFÍA

Xa que esta tempada non podemos saír da casa, imos facer viaxes virtuais...pero poñendo a proba os nosos coñecementos de xeografía.

Picando na imaxe irás ata unha actividade na que terás que ir indicando os sitios que che vai pedindo...Atención!!! Hai cronómetro...intenta superar os teus tempos.

Truco: se vos sae unha imaxe moi grande, premede CTRL+guión -, así diminuirá o seu tamaño. Para devolvela ao seu tamaño orixinal, premede CTRL+signo+, e arriba á dereita xa vedes a porcentaxe que vai adquirindo.

Xa colgarei máis actividades deste tipo, ímos viaxar a cotío...


mércores, 1 de abril de 2020

ESTAR NA INOPIA

Ou estar nas berzas, nos biosbardos...mirar para o aire tamén é moi necesario.

POR QUE?

Pois...
      porque así o noso maxín desenvólvese doutro xeito,

                         porque temos que desconectar da realidade de vez en cando,

porque a actual sociedade fainos correr sen poder chegar a unha meta clara,

                                           porque fai falta pasmar un pouco...

E para isto, aí quedan unhas propostas...lede, lede, e senon, pasmade. Propostas para darse conta do que nos rodea, que ás veces xa non nos fixamos nos pequenos detalles.


TRABALLANDO UN POUCO: LC E MATEMÁTICAS

Ímoslle dar unha volta á lingua e ás mates...atención!! Algo de acentuación, comprensión, verbos, ortografía, multiplicar y dividir por la unidad seguida de ceros, operaciones combinadas. Proba cada día un par delas...

Podes traballar sobre a propia ficha, non hai que descargar nada

Acentos y tildes:

Acentos y tildes, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com


Multiplicar y dividir por 10, 100...:



Comprensión lectora:



Los magos, una ficha interactiva de Anabelferhor
liveworksheets.com


Operaciones combinadas:

Tiempos verbales:


Los tiempos verbales, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com


B o V:

Lengua, una ficha interactiva de Juanma
liveworksheets.com



COMPRENSIÓN LECTORA